Por se alguén se esqueceu onde anotou as datas:
10 de novembro 2014: Tema 2: A Europa Feudal
24 de novembro 2014: Tema 3:As cidades e o gótico
12 de decembro 2014: Península Ibérica na Idade Media (apuntes)
Recordade os que tedes pendente a asignatura de 1ºESO que o venres 14 de novembro faredes os temas 1 e 2.
Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
domingo, 9 de noviembre de 2014
sábado, 8 de noviembre de 2014
TRABALLO AULA DE INFORMÁTICA
viernes, 7 de noviembre de 2014
3ª ETAPA:SANTO DOMINGO DE LA CALZADA - HONTANAS
Esta terceira etapa discurre en terras rioxanas e burgalesas desde SANTO DOMINGO DE LA CALZADA hasta HONTANAS (sorry! en clase díxenvos Hontanos, que soa mellor non? ;-) ). Deixo a vosa elección e criterio os monumentos e as cousas curiosas que podemos atopar. Ánimo! xa só nos quedan 457,9 km
sábado, 1 de noviembre de 2014
O CAMIÑO DE SANTIAGO E O XOGO DA OCA
| Plaza de la Oca, Logroño |
Coma ben indica Dinkinesh na súa investigación, en Logroño existe a Praza da Oca, xogo vinculado ó Camiño de Santiago. Supoño que a maioría de vós non sabiades isto. Imos ver de que vai isto.
A xente que estuda as ciencias ocultas consideran ó Camiño Francés unha ruta de iniciación nas claves do coñecemento secreto e alquímico. Esta idea ven a dicir que se fai o camiño para alcanzar o coñecemento oculto da perfección espiritual ou, nalgúns casos, a física. Os defensores desta tese din que o camiño iniciático é anterior ao descubremento da tumba do Apóstolo e era unha ruta que chegaba ata Fisterra ou Noia.
Dentro destas teses se atopa a que relaciona o Camiño Francés co xogo da Oca: os seus defensores afirman que os pasos do Camiño se corresponden coas casillas do xogo da Oca que sería tamén un xogo iniciático parello ó Camiño. A oca considerase o símbolo do Camiño, portadora de sabiduría e imaxe do coñecemento universal; a súa pata identifícase coa representación da vieira. Ao longo do camiño aparecen o nome de oca en diversos idiomas (Oyón cerca de Logroño, el río Oja, los Montes de Oca, o porto de Oca,...) Segundo esta teoría o Camiño conclúe en Noia.
.
Información extraída do libro Para conocer y comprender el Camino de Santiago, dirixido por X. A. Perozo, Ir Indo Edicións, 2001
viernes, 31 de octubre de 2014
SOLUCIÓN 2º ETAPA ESTELLA-SANTO DOMINGO DE LA CALZADA
Saímos de Estella cara ó mosteiro de Irache, un dos máis antigos mosteiros navarra e un dos primeiros en acoller peregrinos. Foi sede da Universidade de Navarra no s XVI. Xunto ó mosteiro atópanse unhas bodegas. O seu propietario fixo contruír unha fonte con dobre cano: por un mana auga e por outro viño, hoxe os peregrinos recuperan forzas bebendo dela.
Abandoamos Irache e chegamos a Azqueta, localidade previa a Villamayor de Monjardín, onde destaca a igrexa de San Andrés (s XII). Continuamos ata Los Arcos onde na igrexa de Santa María (s XII) se celebra diariamente unha misa dedicada ós peregrinos. Chegamos a Torres del Río onde atopamos a igrexa do Santo Sepuclro (s XII), de planta octogonal como a de Eunate.
A seguinte gran vila que atopamos no noso camiño é Viana, cidade fundada por Sancho o Forte no s XIII. Cidade fortificada, nela viviu César Borgia, fillo do papa Alexandre VI, e que está enterrado na igrexa de Santa María.
Abandoamos terras navarras para entrar na comunidade de La Rioja e chegamos ata a súa capital Logroño. Accedemos á cidade pola Ponte de Pedra sobre o río Ebro. Podemos visitar tamén a catedral de Santa María a Redonda (sXV)
Salimos de Logroño rumbo a Navarrate, Ventosa y Nájera, en esta localidad destaca el monasterio de Santa María la Real que alberga, a falta de uno tres panteones: o Real, o de Infantes e o dos duques de Nájera.
Pasamos por Azofra, onde se conserva unha imaxe de Santiago Peregrino. A 15km de Azofra, apartándonos do camiño, está San Millán de la Cogolla, onde se atopan os mosteiros de Suso (arriba) y Yuso (abaixo), cuna da lingua castelá.
![]() |
| Mosteiro de Irache |
![]() |
| Fuente das Bodegas de Irache |
![]() |
| Fuente das Bodegas de Irache |
Abandoamos Irache e chegamos a Azqueta, localidade previa a Villamayor de Monjardín, onde destaca a igrexa de San Andrés (s XII). Continuamos ata Los Arcos onde na igrexa de Santa María (s XII) se celebra diariamente unha misa dedicada ós peregrinos. Chegamos a Torres del Río onde atopamos a igrexa do Santo Sepuclro (s XII), de planta octogonal como a de Eunate.
![]() |
| Igrexa do Santo Sepulcro, Torres del Río |
A seguinte gran vila que atopamos no noso camiño é Viana, cidade fundada por Sancho o Forte no s XIII. Cidade fortificada, nela viviu César Borgia, fillo do papa Alexandre VI, e que está enterrado na igrexa de Santa María.
![]() |
![]() |
| Ponte de Pedra, Logroño |
Salimos de Logroño rumbo a Navarrate, Ventosa y Nájera, en esta localidad destaca el monasterio de Santa María la Real que alberga, a falta de uno tres panteones: o Real, o de Infantes e o dos duques de Nájera.
![]() |
| Claustro de Santa María a Real de Nájera |
Pasamos por Azofra, onde se conserva unha imaxe de Santiago Peregrino. A 15km de Azofra, apartándonos do camiño, está San Millán de la Cogolla, onde se atopan os mosteiros de Suso (arriba) y Yuso (abaixo), cuna da lingua castelá.
Continuamos cara Cirueña e finalmente chegamos ata Santo Domingo de la Calzada, cidade coñecida como a "Compostela riojana". A cidade xurdiu en torno ó sepulcro de san Domingos, quen dedicou a súa vida ós peregrinos. Sobre o sepulcro do santo erixiuse a catedral do s XII, onde se atopa a famosa galiña. Conta a lenda que un peregrino alemán estaba hospedado xunto con seus pais nunha posada da vila na que traballaba unha moza que se namorou del. O peregrino rexeitou á moza e esta, en vinganza, gardou no seu zurrón unha copa de prata para acusalo despois de roubo. O mozo é declarado culpable e condeado á horca. Os pais rezan a Santiago e cando se despiden do corpo aforcado do seu fillo este lles di que está vivo grazas as súas pregarias. Os pais acuden ao correxidor para comunicarlle a nova pero este, que se atopaba ceando, se burla deles coa frase:"O voso fillo está tan vivo como este galo e esta galiña que me dispuña a comer". Nese momento as aves saltaron do prato e comezaron a cacarear. Denden entón dise:"Santo Domingo de la Calzada, donde cantó la gallina después de asada" e na catedral sempre hai un galo e unha galiña.
![]() |
| Santo Domingo de la Calzada, donde cantó la gallina después de asada |
jueves, 23 de octubre de 2014
The pillars of the earth / Los pilares de la Tierra
Aquí vos deixo dous fragmentos da serie "Los pilares de la Tierra" baseada na novela homónima de Ken Follet. No primeiro fragmento pódese ver como se construía unha catedral na Idade Media, como se traballaba á pedra (ata o minuto 2:05); no segundo temos a catedral xa construída, aínda que é unha recreación nos serve para ver como era unha catedral. Están en inglés, subtitulados en castellano.
ACTIVIDADES REPASO TEMA 1
Pincha nos seguintes enlaces para repasar o tema 1
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/tag/imperio_carolingio
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/tag/imperio_bizantino
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/tag/imperio_carolingio
http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/tag/imperio_bizantino
viernes, 17 de octubre de 2014
jueves, 16 de octubre de 2014
2ª ETAPA: ESTELLA-SANTO DOMINGO DE LA CALZADA
Saímos de terras navarras para adentrarnos en La Rioja. É unha etapa un pouquiño máis longa pois faremos uns 100 km dende Estella ata Santo Domingo de la Calzada. Aí van algunhas pistas:
![]() |
| Meu Deus! Que fai aí unha galiña? |
- un dos mosteiros que visitamos foi a primeira sede da Universidade de Navarra
- nese mesmo mosteiro hai unha fonte moi moi curiosa, averigüade porque
- volvemos a atoparnos cunha igrexa moi particular, xemelga á de Eunate
- nunha das vilas viviu e está enterrado un membro da familia Borgia
- nunha gran capital cruzamos un dos ríos máis importantes da Península
- outro gran mosteiro aparece no noso camiño
- nunha famosa catedral situase unha lenda non menos famosa
A camiñar! Ó rematar a etapa só nos quedarán 561.9 km
SOLUCIÓN 1ª ETAPA
Estamos xa en camiño! Temos o noso equipo preparado, a ruta decidida, só nos queda comezar a camiñar.
1ª Etapa: Roncesvalles-Estella
Imos pasar polas seguintes localidades: Roncesvalles, Burguete, Espinal, Biskarreta, Lizoain, Zubiri, Larrasoaña, Aquerreta, Zuriain, Irotz, Trinidad de Arre, Burlada, Pamplona, Cizur Menor, Zariquiegui, Uterga, Muruzubal, Eunate, Obanos, Puente la Reina, Mañeru, Cirauqui, Lorca, Villatuera y Estella. Estamos a 661 km de Santiago de Compostela.
![]() |
| Colexiata de Roncesvalles |
![]() |
| Ponte sobre o río Arga, que atravesamos por varias localidades, en Zubiri |
![]() |
| Puente da Magdalena, na entrada a Pamplona, cidade coñecida polas súas festas de San Fermín |
![]() |
| Encomienda Sanjuanista da Orde de Malta en Cizur Menor |
![]() |
| Monumento ós peregrinos no Alto do Perdón |
![]() |
| Iglesia de Santa María de Eunate, de planta poligonal |
![]() |
| Representación do misterio de Óbanos |
![]() |
| Puente la Reina, onde se unen todos os camiños |
![]() |
| Cirauqui, nome que significa "nido de víboras" |
![]() |
| Palacio de los Reyes de Navarra, Estella |
viernes, 10 de octubre de 2014
1ª ETAPA: RONCESVALLES - ESTELLA
![]() |
| Distancia Roncesvalles-Santiago de Compostela |
Comezamos o Camiño Francés por terras de Navarra. Saímos de Roncesvalles (primeira vila que atopamos tras cruzar a fronteira francesa, en vasco Orreaga) e continuamos ata Estella (Lizarra) cun total de 89,4 km. Aquí van algunhas pistas dos monumentos que podemos atopar (estas pistas non teñen por que estar por orde espacial)
* hai unha colexiata
* hai unhas cantas pontes
* ao longo da etapa cruzamos varias veces o mesmo río
* podemos visitar unha antiga igrexa da orde de Malta
* pasamos por unha gran capital coñecida máis pola súa festa
* nunha das vilas hai unha igrexa cunha planta moi particular
* pasamos por un pobo que ten un nome que significa "nido de víboras"
Mapa da etapa
CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUAL: OS CAMIÑOS
Dende a Idade Media dende calquera punto de Europa chegábase ata Compostela. As rutas máis coñecidas son as seguintes:
* CAMIÑO FRANCÉS: é o Camiño de Santiago por antonomasia. Despois de atravesar Europa por diversos camiños, os peregrinos confluían en Puente la Reina (Navarra) e dende alí continuar por unha única vía. En Puente la Reina uníanse dúas vías principais: o CAMIÑO NAVARRO, que entraba na Península atravesando os Pireneos por Saint-Pied-de Port e Roncesvalles (Navarra); e o CAMIÑO ARAGONÉS, que o facía polo porto do Somport (Huesca). Desde Puente la Reina, o Camiño continúa por Navarra ata chegar a Logroño para logo atravesar as provincias de Burgos, Palencia e León. Dende o Bierzo o camiño ascende ata o Cebreiro e penetra en terras de Galicia: Sarria, Portomarín, Arzúa e, por fin, Santiago de Compostela
* CAMIÑO PORTUGUÉS: esta ruta identificase co camiño realizado pola Raíña Santa Isabel en 1325 ou polo rei Manuel I en 1502. Ten dúas posibilidades para entrar en Galicia: por Valença do Minho chega a Tui, atravesa o Baixo Miño, os arredores de Vigo, Redondela, Pontevedra, Caldas de Rei, Padrón e Compostela; ou dende Chaves entra por Verín, Ourense, terras do Deza e Santiago.
* CAMIÑO DO NORTE: dende Bayonne chega a San Sebastián/Donostia e continua polo litoral do País Vasco, Cantabria e Asturias ata entrar en Galicia por Ribadeo e logo seguir, polo interior, por Mondoñedo, Vilalba, Guitiriz e Sobrado ata enlazar co Camiño Francés en Melide ou Arzúa.
* RUTA DA PRATA: os peregrinos mozárabes utilizaron a ruta romana da Prata que transportaba este mineral desde Asturias ata Hispalis (Sevilla). Desde Sevilla seguía por Extremadura ata Salamanca e Zamora. Dende aquí ou ben enlazaba co Camiño Francés en Astorga ou continuaba cara Portugal e entraba en Galicia por Verín.
* AS RUTAS MARIÑAS: peregrinos irlandeses e ingleses chegaban ás costas de Bretaña ou ata Ferrol, Coruña ou Arousa e logo por terra cara Compostela
Despois de chegar a Compostela, moitos peregrinos continuaban camiñando ata FISTERRA, o fin do mundo, ou ata NOIA, onde algunhas tradicións din que chegou NOÉ
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















.jpg)