Dende a Idade Media dende calquera punto de Europa chegábase ata Compostela. As rutas máis coñecidas son as seguintes:
* CAMIÑO FRANCÉS: é o Camiño de Santiago por antonomasia. Despois de atravesar Europa por diversos camiños, os peregrinos confluían en Puente la Reina (Navarra) e dende alí continuar por unha única vía. En Puente la Reina uníanse dúas vías principais: o CAMIÑO NAVARRO, que entraba na Península atravesando os Pireneos por Saint-Pied-de Port e Roncesvalles (Navarra); e o CAMIÑO ARAGONÉS, que o facía polo porto do Somport (Huesca). Desde Puente la Reina, o Camiño continúa por Navarra ata chegar a Logroño para logo atravesar as provincias de Burgos, Palencia e León. Dende o Bierzo o camiño ascende ata o Cebreiro e penetra en terras de Galicia: Sarria, Portomarín, Arzúa e, por fin, Santiago de Compostela
* CAMIÑO PORTUGUÉS: esta ruta identificase co camiño realizado pola Raíña Santa Isabel en 1325 ou polo rei Manuel I en 1502. Ten dúas posibilidades para entrar en Galicia: por Valença do Minho chega a Tui, atravesa o Baixo Miño, os arredores de Vigo, Redondela, Pontevedra, Caldas de Rei, Padrón e Compostela; ou dende Chaves entra por Verín, Ourense, terras do Deza e Santiago.
* CAMIÑO DO NORTE: dende Bayonne chega a San Sebastián/Donostia e continua polo litoral do País Vasco, Cantabria e Asturias ata entrar en Galicia por Ribadeo e logo seguir, polo interior, por Mondoñedo, Vilalba, Guitiriz e Sobrado ata enlazar co Camiño Francés en Melide ou Arzúa.
* RUTA DA PRATA: os peregrinos mozárabes utilizaron a ruta romana da Prata que transportaba este mineral desde Asturias ata Hispalis (Sevilla). Desde Sevilla seguía por Extremadura ata Salamanca e Zamora. Dende aquí ou ben enlazaba co Camiño Francés en Astorga ou continuaba cara Portugal e entraba en Galicia por Verín.
* AS RUTAS MARIÑAS: peregrinos irlandeses e ingleses chegaban ás costas de Bretaña ou ata Ferrol, Coruña ou Arousa e logo por terra cara Compostela
Despois de chegar a Compostela, moitos peregrinos continuaban camiñando ata FISTERRA, o fin do mundo, ou ata NOIA, onde algunhas tradicións din que chegou NOÉ
No hay comentarios:
Publicar un comentario
PUBLICA AQUÍ A TÚA RESPOSTA