No seguinte enlace tedes os textos que traballamos en clase
TEXTOS FEUDALISMO
Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
Mostrando entradas con la etiqueta feudalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta feudalismo. Mostrar todas las entradas
martes, 12 de diciembre de 2017
jueves, 23 de noviembre de 2017
viernes, 17 de noviembre de 2017
Textos sobre o feudalismo para comentar en clase
A SOCIEDADE ESTAMENTAL
"A orde eclesiástica non compón senón un só corpo. En cambio a sociedade está dividida en tres ordes. Ademais da xa citada, a lei recoñee outras dúas condicións: o nobre e o servo que non se rixen pola mesma lei. Os nobres son os guerreiros, os protectores das igrexas. Defenden a todo o pobo, ós grandes o mesmo que ós pequenos e ó mesmo tempo se protexen a eles mesmos. A outra clase é a dos servos. Esta raza de
desgraciados non posee nada sen sufrimento. Provisións e vestidos son subministrados a todos por eles, pois os homes libres non poden valerse sen eles. Así pois a cidade de Deus que é se ten como unha, en realidade é triple. Uns rezan, outros loitan e outros traballan. As tres ordes viven xuntas e non sufrirían unha separación. Os servizos de cada un destas ordes permiten os traballos dos outros dous. E cada un a súa vez presta apoio ós demais."
(ADALBERON DE LAON, "Carmen ad Robertum regem francorum" (a.998).)
"O sete de abril (ano 1127), xoves, as homenaxes foron de novo rendidas ó conde. En primeiro lugar, fixeron as homenaxes da seguinte maneira. O conde pediu (ó futuro vasalo) se quería converterse no seu home sen reservas e aquel respondeu: "quéroo", despois, as sús mans, estando xuntas entre as do conde que as estreitaba, se aliaron cun bico. En segundo lugar, aquel que fixera a homenaxe expresou a súa fidelidade nestes termos: " Prometo pola miña fe ser fiel, a partir deste instante, ó conde Guillerme e gardar contra todos e enteramente a miña homenaxe, de boa fe e sen enganos". En terceiro lugar, xurou sobre as reliquias dos santos. Seguidamente coa vara que tiña na man, o conde deu a investidura a todos aqueles que por este pacto lle prometeran, seguridade, rendido homenaxes e ó mesmo tempo prestado xuramento."
A CONCESIÓN DUN FEUDO
"Sea por todos coñecido como eu, Afonso, pola gracia de Deus, rei de Aragón, conde de Barcelona, marqués de Provenza, dou e concedo a ti Guillem de Anglesola, o meu castelo de Mur (Lleida), por min e polos meus sucessores e o terás con servizo e fidelidade. Douche e concedoche este castelo con todos os seus termos e pertenzas; ademais recibirás aqueles 8.400 litros de trigo, os cales me daban os habitantes do termo dese castelo. Doucho e concedocho en feudo, farásme servizo e terásme fidelidade perpetua tanto a min coma ós meus sucesores. Tamén te outorgo que podas socorrer e defender o castelo contra todos os homes, non puidendoo facer contra min, contra os meus e contra os meus sucesores. E eu Guillem de Anglesola, renuncio a perpetuidade, todo dano e queixa que teña ata o día de hoxe contra vos, señor, e contra os vosos. Esta carta foi escrita en Barbastro no mes de novembro de 1192."martes, 20 de octubre de 2015
MAPAS CONCEPTUAIS A EUROPA FEUDAL
Aquí tedes os mapas conceptuais do Tema 2. Están feitos en www.examtime.com/es-ES/, se os rexistrades podedes descargalos do meu perfil (celia.ameneiro).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



