Mostrando entradas con la etiqueta Descubrimento de América. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Descubrimento de América. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de abril de 2016

DESCUBRIMENTO E COLONIZACIÓN DO NOVO MUNDO

Hoxe en día non nos imaxinamos vivir sen Internet, non beber Coca-Cola, non xogar ao baloncesto (sí, tiñades razón é americano), non comer tomates, patatas ou millo. É que dicir de que o español é a segunda lingua máis falada no mundo ou de que hoxe teñamos un papa arxentino. Todo isto é posible grazas ao continente americano. Tarde ou temprano os europeos ou os asiáticos acabarían chegando a América pero foi a aventura de Cristovo Colón de chegar a Oriente navegando cara Occidente a que chegou ata alá en 1492. O que pasou despois xa o sabedes. 












martes, 27 de enero de 2015

1492 The conquest of paradise

 Comenteivos en clase que esta película 1492 The conquest of paradise no seu título orixinal (1492 La conquista del paraíso) estaba moi ben para estudar o proceso do descubrimento de América. Neste video resúmese a película, espero que despois de velo teñades ganas de ver toda a película.

Novos instrumentos e técnicas de navegación



Accedede á información sobre os instrumentos e as novas técnicas de navegación pinchando nas imaxes


Compás

Cuadrante

Portolanos
Carabelas e naos






Era galego Cristovo Colón?

Tradicionalmente se decía que Cristovo Colón era xenovés, aínda que non estivo moi claro a súa orixe. Unha das teorías é que Colón era galego, da zona de Poio e que realmente era o nobre Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido como Pedro Madruga, Non vou ser eu quen diga se esta teoría é certa ou non. Xulgade vós mesmos, pinchade na imaxe para acceder á información.