Plaza de la Oca, Logroño |
Coma ben indica Dinkinesh na súa investigación, en Logroño existe a Praza da Oca, xogo vinculado ó Camiño de Santiago. Supoño que a maioría de vós non sabiades isto. Imos ver de que vai isto.
A xente que estuda as ciencias ocultas consideran ó Camiño Francés unha ruta de iniciación nas claves do coñecemento secreto e alquímico. Esta idea ven a dicir que se fai o camiño para alcanzar o coñecemento oculto da perfección espiritual ou, nalgúns casos, a física. Os defensores desta tese din que o camiño iniciático é anterior ao descubremento da tumba do Apóstolo e era unha ruta que chegaba ata Fisterra ou Noia.
Dentro destas teses se atopa a que relaciona o Camiño Francés co xogo da Oca: os seus defensores afirman que os pasos do Camiño se corresponden coas casillas do xogo da Oca que sería tamén un xogo iniciático parello ó Camiño. A oca considerase o símbolo do Camiño, portadora de sabiduría e imaxe do coñecemento universal; a súa pata identifícase coa representación da vieira. Ao longo do camiño aparecen o nome de oca en diversos idiomas (Oyón cerca de Logroño, el río Oja, los Montes de Oca, o porto de Oca,...) Segundo esta teoría o Camiño conclúe en Noia.
.
Información extraída do libro Para conocer y comprender el Camino de Santiago, dirixido por X. A. Perozo, Ir Indo Edicións, 2001
No hay comentarios:
Publicar un comentario
PUBLICA AQUÍ A TÚA RESPOSTA