Vaia vaia, cada vez imos quedando menos nesta peregrinación polo que poucos poderán gañar a Compostela.
Aquí van as solucións
Aquí van as solucións
- unha localidade de orixe romana é un fermoso exemplo de Pobo Sirga: a nosa vila é Castrojeriz na que destaca a colexiata da Virgen del Manzano
Virgen del Manzano, Castrojeriz |
- unha fermosa ponte fai a transición entre a provincia de Burgos e Palencia: Puente Fitero
Puente Fitero |
- algo relacionado coa xustiza aparece no noso camiño: neste Rollo Xurisdiccional celebrábanse os xuízos e cumpríanse as penas
Rollo xurisdiccional, Boadilla del Camino |
- a xoia do románico español crúzase no noso camiñar (ollo que falamos dela en clase): San Martín de Frómista
San Martín de Frómista |
- unha igrexa templaria nos acolle noutro pobo Sirga: no pobo de Villalcázar de Sirga atópase a igrxa de Santa María la Blanca do s XIII, construída polos templarios
Villálcazar de Sirga |
- un dos pobos palentinos do Camiño con diversas igrexas baixo advocacións xacobeas: Carrión de los Condes foi un centro de asistencia ós peregrinos medievais. Destacan as igrexas de Santa María del Camino ou a de Santiago e o mosteiro de San Zoilo
Carrión de los Condes |
- pasamos por un pobo onde estiveron os membros dunha orde militar: non podía ser outro que Terradillos de los Templarios (aínda que antes pasamos camiño de Ledigos polo antigo hospital e mosteiro de Santa María de las Tiendas, que pertenceu á orde de Santiago).
A orde do Temple outra vez |
- houbo monxes de Cluny nun dos mosteiros máis importantes da Península: a vila de Sahagún naceu ó redor do mosteiro dedicado aos santos Fagún e Primitivo, que pertenceu á orde de Cluny. Deste mosteiro só se conserva o arco de San Benito pero merece a pena visitar as igrexas mudéxares como a de San Tirso ou a da Peregrina. A arte mudéxar mestura elementos cristiáns e musulmáns.
Arco de San Benito |
Santuario da Peregrina, Sahagún |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
PUBLICA AQUÍ A TÚA RESPOSTA