viernes, 10 de octubre de 2014

CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUAL: ORIXE

QUEN FOI O APÓSTOL SANTIAGO?

   Santiago, fillo de Zebedeo e Salomé e irmán de San Xoán Evanxelista, pescador no lago de Genesaret, foi un dos primeiros en seguir a Xesús. Coñecido como Boanerges, "o fillo do trono", despois de Pentecostés predicou en Hispania, sufriu martirio e foi decapitado en Xerusalén por orde do rei Herodes Agripa no ano 44 d C.

Segundo a tradición, os seus discípulos recolleron o seu corpo, embarcaron no porto palestino de Haifa e nunha nave de pedra chegaron ata a ría de Arouse e desembarcaron en Padrón. Coa axuda da raíña Lupa (autoridade castrexa) conseguiron un lugar seguro onde darlle sepultura. Nunha época na que o cristianismo era perseguido, o seu paradero converteuse nunha incógnita.





DESCUBERTA E ORIXE DA PEREGRINACIÓN
O sepulcro foi descuberto no s IX, entre os anos 820 e 830. Segundo a Concordia de Antealtares (1077) en tempos do rei Afonso II de Asturias e de Teodomiro, bispo de Iria (en Padrón), o ermitaño Pelaio veu unha luminarais que brilaban no lugar chamado Libredón. Teodomiro acudiu a ese lugar e atopou o sepulcro e ordeou reconstruílo.
Co apoio dos monarcas ástures e da Igrexa, o lugar converteuse nun centro de peregrinación.

En 1120 Compostela (Campus Stellae=Campo de Estrelas) converteuse en sede episcopal, a máis importante de Galicia. Ademais o papa concedeu dou privilexios que deron o pulo definitivo as peregrinacións:

* A indulxencia plenaria: aqueles que cumpliran unha penitencia, neste caso facer a peregrinación, obterían o perdón dos pecados
* O ano xubilar: aqueles que cumpliran coas penitencias do ano xubilar, neste caso cando o 25 de xullo día de Santiago é domingo, obterían a salvación espiritual. Para iso é necesario:
                 
  # visitar a catedral de Santiago de Compostela
  # rezar polas intencións do Papa
  # 15 días antes ou despois de visitar a catedral, cumprir cos sacramentos da Penitencia e Eucaristía

Polo tanto, se fosemos peregrinos medievais a motivación para facer o Camiño sería estrictamente espiritual: obter o perdón.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

PUBLICA AQUÍ A TÚA RESPOSTA