viernes, 31 de octubre de 2014

SOLUCIÓN 2º ETAPA ESTELLA-SANTO DOMINGO DE LA CALZADA

Saímos de Estella cara ó mosteiro de Irache, un dos máis antigos mosteiros navarra e un dos primeiros en acoller peregrinos. Foi sede da Universidade de Navarra no s XVI. Xunto ó mosteiro atópanse unhas bodegas. O seu propietario fixo contruír unha fonte con dobre cano: por un mana auga e por outro viño, hoxe os peregrinos recuperan forzas bebendo dela.

Mosteiro de Irache

Fuente das Bodegas de Irache

Fuente das Bodegas de Irache

Abandoamos Irache e chegamos a Azqueta, localidade previa a Villamayor de Monjardín, onde destaca a igrexa de San Andrés  (s XII). Continuamos ata Los Arcos onde na igrexa de Santa María (s XII) se celebra diariamente unha misa dedicada ós peregrinos. Chegamos a Torres del Río onde atopamos a igrexa do Santo Sepuclro (s XII), de planta octogonal como a de Eunate.

Igrexa do Santo Sepulcro, Torres del Río 

A seguinte gran vila que atopamos no noso camiño é Viana, cidade fundada por Sancho o Forte no s XIII. Cidade fortificada, nela viviu César Borgia, fillo do papa Alexandre VI, e que está enterrado na igrexa de Santa María.









 
Abandoamos terras navarras para entrar na comunidade de La Rioja e chegamos ata a súa capital Logroño. Accedemos á cidade pola Ponte de Pedra sobre o río Ebro. Podemos visitar tamén a catedral de Santa María a Redonda (sXV)
Ponte de Pedra, Logroño 

Salimos de Logroño rumbo a Navarrate, Ventosa y Nájera, en esta localidad destaca el monasterio de Santa María la Real que alberga, a falta de uno tres panteones: o Real, o de Infantes e o dos duques de Nájera. 
Claustro de Santa María a Real de Nájera

Pasamos por Azofra, onde se conserva unha imaxe de Santiago Peregrino. A 15km de Azofra, apartándonos do camiño, está San Millán de la Cogolla, onde se atopan os mosteiros de Suso (arriba) y Yuso (abaixo), cuna da lingua castelá. 


Continuamos cara Cirueña e finalmente chegamos ata Santo Domingo de la Calzada, cidade coñecida como a "Compostela riojana". A cidade xurdiu en torno ó sepulcro de san Domingos, quen dedicou a súa vida ós peregrinos. Sobre o sepulcro do santo erixiuse a catedral do s XII, onde se atopa a famosa galiña. Conta a lenda que un peregrino alemán estaba hospedado xunto con seus pais nunha posada da vila na que traballaba unha moza que se namorou del. O peregrino rexeitou á moza e esta, en vinganza, gardou no seu zurrón unha copa de prata para acusalo despois de roubo. O mozo é declarado culpable e condeado á horca. Os pais rezan a Santiago e cando se despiden do corpo aforcado do seu fillo este lles di que está vivo grazas as súas pregarias. Os pais acuden ao correxidor para comunicarlle a nova pero este, que se atopaba ceando, se burla deles coa frase:"O voso fillo está tan vivo como este galo e esta galiña que me dispuña a comer". Nese momento as aves saltaron do prato e comezaron a cacarear. Denden entón dise:"Santo Domingo de la Calzada, donde cantó la gallina después de asada" e na catedral sempre hai un galo e unha galiña. 

Santo Domingo de la Calzada, donde cantó la gallina después de asada









    
















jueves, 23 de octubre de 2014

O CAMIÑO DE SANTIAGO

Mapa Mental creado con ExamTime por celia.ameneiro

The pillars of the earth / Los pilares de la Tierra

Aquí vos deixo dous fragmentos da serie "Los pilares de la Tierra" baseada na novela homónima de Ken Follet. No primeiro fragmento pódese ver como se construía unha catedral na Idade Media, como se traballaba á pedra (ata o minuto 2:05); no segundo temos a catedral xa construída, aínda que é unha recreación nos serve para ver como era unha catedral. Están en inglés, subtitulados en castellano.

ACTIVIDADES REPASO TEMA 1

Pincha nos seguintes enlaces para repasar o tema 1

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/tag/imperio_carolingio


http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/tag/imperio_bizantino

viernes, 17 de octubre de 2014

jueves, 16 de octubre de 2014

2ª ETAPA: ESTELLA-SANTO DOMINGO DE LA CALZADA

Saímos de terras navarras para adentrarnos en La Rioja. É unha etapa un pouquiño máis longa pois faremos uns 100 km dende Estella ata Santo Domingo de la Calzada. Aí van algunhas pistas:
Meu Deus! Que fai aí unha galiña?

  • un dos mosteiros que visitamos foi a primeira sede da Universidade de Navarra
  • nese mesmo mosteiro hai unha fonte moi moi curiosa, averigüade porque
  • volvemos a atoparnos cunha igrexa moi particular, xemelga á de Eunate
  • nunha das vilas viviu e está enterrado un membro da familia Borgia
  • nunha gran capital cruzamos un dos ríos máis importantes da Península
  • outro gran mosteiro aparece no noso camiño
  • nunha famosa catedral situase unha lenda non menos famosa

A camiñar! Ó rematar a etapa só nos quedarán 561.9 km 

SOLUCIÓN 1ª ETAPA



Estamos xa en camiño! Temos o noso equipo preparado, a ruta decidida, só nos queda comezar a camiñar.

1ª Etapa: Roncesvalles-Estella
Imos pasar polas seguintes localidades: Roncesvalles, Burguete, Espinal, Biskarreta, Lizoain, Zubiri, Larrasoaña, Aquerreta, Zuriain, Irotz, Trinidad de Arre, Burlada, Pamplona, Cizur Menor, Zariquiegui, Uterga, Muruzubal, Eunate, Obanos, Puente la Reina, Mañeru, Cirauqui, Lorca, Villatuera y Estella. Estamos a 661 km de Santiago de Compostela.

Colexiata de Roncesvalles
Ponte sobre o río Arga, que atravesamos por varias localidades, en Zubiri






Puente da Magdalena, na entrada a Pamplona, cidade coñecida polas súas festas de San Fermín

Encomienda Sanjuanista da Orde de Malta en Cizur Menor 
Monumento ós peregrinos no Alto do Perdón



Iglesia de Santa María de Eunate, de planta poligonal

Representación do misterio de Óbanos




Puente la Reina, onde se unen todos os camiños


Cirauqui, nome que significa "nido de víboras"


Palacio de los Reyes de Navarra, Estella




viernes, 10 de octubre de 2014

1ª ETAPA: RONCESVALLES - ESTELLA


Distancia Roncesvalles-Santiago de Compostela

Comezamos o Camiño Francés por terras de Navarra. Saímos de Roncesvalles (primeira vila que atopamos tras cruzar a fronteira francesa, en vasco Orreaga) e continuamos ata Estella (Lizarra)  cun total de 89,4 km. Aquí van algunhas pistas dos monumentos que podemos atopar (estas pistas non teñen por que estar por orde espacial)


* hai unha colexiata
* hai unhas cantas pontes
* ao longo da etapa cruzamos varias veces o mesmo río
* podemos visitar unha antiga igrexa da orde de Malta
* pasamos por unha gran capital coñecida máis pola súa festa
* nunha das vilas hai unha igrexa cunha planta moi particular
* pasamos por un pobo que ten un nome que significa "nido de víboras"

Mapa da etapa

CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUAL: OS CAMIÑOS

Dende a Idade Media dende calquera punto de Europa chegábase ata Compostela. As rutas máis coñecidas son as seguintes:

* CAMIÑO FRANCÉS: é o Camiño de Santiago por antonomasia. Despois de atravesar Europa por diversos camiños, os peregrinos confluían en Puente la Reina (Navarra) e dende alí continuar por unha única vía. En Puente la Reina uníanse dúas vías principais: o CAMIÑO NAVARRO, que entraba na Península atravesando os Pireneos por Saint-Pied-de Port e Roncesvalles (Navarra); e o CAMIÑO ARAGONÉS, que o facía polo porto do Somport (Huesca). Desde Puente la Reina, o Camiño continúa por Navarra ata chegar a Logroño para logo atravesar as provincias de Burgos, Palencia e León. Dende o Bierzo o camiño ascende ata o Cebreiro e penetra en terras de Galicia: Sarria, Portomarín, Arzúa e, por fin, Santiago de Compostela

* CAMIÑO PORTUGUÉS: esta ruta identificase co camiño realizado pola Raíña Santa Isabel en 1325 ou polo rei Manuel I en 1502. Ten dúas posibilidades para entrar en Galicia: por Valença do Minho chega a Tui, atravesa o Baixo Miño, os arredores de Vigo, Redondela, Pontevedra, Caldas de Rei, Padrón e Compostela; ou dende Chaves entra por Verín, Ourense, terras do Deza e Santiago.

* CAMIÑO DO NORTE: dende Bayonne chega a San Sebastián/Donostia e continua polo litoral do País Vasco, Cantabria e Asturias ata entrar en Galicia por Ribadeo e logo seguir, polo interior, por Mondoñedo, Vilalba, Guitiriz e Sobrado ata enlazar co Camiño Francés en Melide ou Arzúa.


* RUTA DA PRATA: os peregrinos mozárabes utilizaron a ruta romana da Prata que transportaba este mineral desde Asturias ata Hispalis (Sevilla). Desde Sevilla seguía por Extremadura ata Salamanca e Zamora. Dende aquí ou ben enlazaba co Camiño Francés en Astorga ou continuaba cara Portugal e entraba en Galicia por Verín.

* AS RUTAS MARIÑAS: peregrinos irlandeses e ingleses chegaban ás costas de Bretaña ou ata Ferrol, Coruña ou Arousa e logo por terra cara Compostela

Despois de chegar a Compostela, moitos peregrinos continuaban camiñando ata FISTERRA, o fin do mundo, ou ata NOIA, onde algunhas tradicións din que chegou NOÉ


CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUAL: ORIXE

QUEN FOI O APÓSTOL SANTIAGO?

   Santiago, fillo de Zebedeo e Salomé e irmán de San Xoán Evanxelista, pescador no lago de Genesaret, foi un dos primeiros en seguir a Xesús. Coñecido como Boanerges, "o fillo do trono", despois de Pentecostés predicou en Hispania, sufriu martirio e foi decapitado en Xerusalén por orde do rei Herodes Agripa no ano 44 d C.

Segundo a tradición, os seus discípulos recolleron o seu corpo, embarcaron no porto palestino de Haifa e nunha nave de pedra chegaron ata a ría de Arouse e desembarcaron en Padrón. Coa axuda da raíña Lupa (autoridade castrexa) conseguiron un lugar seguro onde darlle sepultura. Nunha época na que o cristianismo era perseguido, o seu paradero converteuse nunha incógnita.





DESCUBERTA E ORIXE DA PEREGRINACIÓN
O sepulcro foi descuberto no s IX, entre os anos 820 e 830. Segundo a Concordia de Antealtares (1077) en tempos do rei Afonso II de Asturias e de Teodomiro, bispo de Iria (en Padrón), o ermitaño Pelaio veu unha luminarais que brilaban no lugar chamado Libredón. Teodomiro acudiu a ese lugar e atopou o sepulcro e ordeou reconstruílo.
Co apoio dos monarcas ástures e da Igrexa, o lugar converteuse nun centro de peregrinación.

En 1120 Compostela (Campus Stellae=Campo de Estrelas) converteuse en sede episcopal, a máis importante de Galicia. Ademais o papa concedeu dou privilexios que deron o pulo definitivo as peregrinacións:

* A indulxencia plenaria: aqueles que cumpliran unha penitencia, neste caso facer a peregrinación, obterían o perdón dos pecados
* O ano xubilar: aqueles que cumpliran coas penitencias do ano xubilar, neste caso cando o 25 de xullo día de Santiago é domingo, obterían a salvación espiritual. Para iso é necesario:
                 
  # visitar a catedral de Santiago de Compostela
  # rezar polas intencións do Papa
  # 15 días antes ou despois de visitar a catedral, cumprir cos sacramentos da Penitencia e Eucaristía

Polo tanto, se fosemos peregrinos medievais a motivación para facer o Camiño sería estrictamente espiritual: obter o perdón.



jueves, 2 de octubre de 2014

CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUAL: PRÓRROGA DA PREPARACIÓN

Debido a que esta semana non puiden dar clase por motivos de saúde, podedes contestar ás preguntas de preparación do camiño ata o próximo venres día 10 de outubro, ese mesmo día correxiremos en clase estas preguntas e indicarei cal será a primeira etapa.