jueves, 27 de noviembre de 2014

5ª ETAPA BERCIANOS DEL REAL CAMINO - MOLINASECA.

Lugar moi importante nesta etapa
Se fixeramos unha etapa como as que estamos facendo pouco teríamos que ver entre Bercianos del Camino e Astorga (averigüade que pobos e monumentos podemos visitar) polo que seguiremos máis alá de Astorga ata Molinaseca. É dicir, cubriremos 6 etapas do Camiño Francés. Dende Astorga ata Molinaseca atopamos varios pobos (outra vez co nome Del Camino) e un lugar moi emblemático do Camiño. Intentade dar un pouco de información das vilas e monumentos que nos atopamos no noso camiñar.

SOLUCIÓN 4ª ETAPA HONTANAS - BERCIANOS DEL REAL CAMINO

Vaia vaia, cada vez imos quedando menos nesta peregrinación polo que poucos poderán gañar a Compostela.
Aquí van as solucións

  • unha localidade de orixe romana é un fermoso exemplo de Pobo Sirga: a nosa vila é Castrojeriz  na que destaca a colexiata da Virgen del Manzano
Virgen del Manzano, Castrojeriz
  • unha fermosa ponte fai a transición entre a provincia de Burgos e Palencia: Puente Fitero
Puente Fitero
  • algo relacionado coa xustiza aparece no noso camiño: neste Rollo Xurisdiccional celebrábanse os xuízos e cumpríanse as penas
Rollo xurisdiccional, Boadilla del Camino
  • a xoia do románico español crúzase no noso camiñar (ollo que falamos dela en clase): San Martín de Frómista
San Martín de Frómista
  • unha igrexa templaria nos acolle noutro pobo Sirga: no pobo de Villalcázar de Sirga atópase a igrxa de Santa María la Blanca do s XIII, construída polos templarios
Villálcazar de Sirga
  • un dos pobos palentinos do Camiño con diversas igrexas baixo advocacións xacobeas: Carrión de los Condes foi un centro de asistencia ós peregrinos medievais. Destacan as igrexas de Santa María del Camino ou a de Santiago e o mosteiro de San Zoilo
Carrión de los Condes
  • pasamos por un pobo onde estiveron os membros dunha orde militar: non podía ser outro que Terradillos de los Templarios (aínda que antes pasamos camiño de Ledigos polo antigo hospital e mosteiro de Santa María de las Tiendas, que pertenceu á orde de Santiago). 

A orde do Temple outra vez
    Arco de San Benito
  • houbo monxes de Cluny nun dos mosteiros máis importantes da Península: a vila de Sahagún naceu ó redor do mosteiro dedicado aos santos Fagún  e Primitivo, que pertenceu á orde de Cluny. Deste mosteiro só se conserva o arco de San Benito pero merece a pena visitar as igrexas mudéxares como a de San Tirso ou a da Peregrina. A arte mudéxar mestura elementos cristiáns e musulmáns.

Santuario da Peregrina, Sahagún

sábado, 15 de noviembre de 2014

4ª ETAPA: HONTANAS - BERCIANOS DEL REAL CAMINO

Seguimos na nosa peregrinaxe e como puideches ver moitos dos pobos polos que pasamos levan nomes relacionados coa propia peregrinación: un santo benefactor, a propia palabra Camino no seu  nome. Relacionado con esto están os chamados POBOS SIRGA: os pobos nacidos á beira do Camiño e que a súa propia trama urbana reflicte esta orixe pois son pobos artellados ao longo dunha vía principal ao redor da cal xurdiu o pobo.

Nesta etapa tede en conta o seguinte pero esto non quere dicir que se atopades outros aspectos interesantes o poñades

  • unha localidade de orixe romana é un fermoso exemplo de Pobo Sirga
  • unha fermosa ponte fai a transición entre a provincia de Burgos e Palencia
  • algo relacionado coa xustiza aparece no noso camiño
  • a xoia do románico español crúzase no noso camiñar (ollo que falamos dela en clase)
  • unha igrexa templaria nos acolle noutro pobo Sirga
  • un dos pobos palentinos do Camiño con diversas igrexas baixo advocacións xacobeas
  • pasamos por un pobo onde estiveron os membros dunha orde militar
  • houbo monxes de Cluny nun dos mosteiros máis importantes da Península


SOLUCIÓN 3ª ETAPA SANTO DOMINGO DE LA CALZADA - HONTANOS

Recuperados tras ver o galo e a galiña de Santo Domingo, continuamos camiño cruzando o río Oja (de onde provén o nome de La Rioja) rumbo a Grañón, derradeiro pobo de la Rioja. Entramos en Castela-León despois de subir un pequeno alto.

Llegamos a Redecilla del Camino donde destaca unha pia bautismal do s s XII construída nunha soa peza.
Pila bautismal de Redecilla del Camino

Atravesamos diversas vilas ata chegar a Belorado coa Praza Maior irregular cos casas porticadas e fachadas blasonadas.

Plaza Mayor, Belorado
Entre os pobos que atopamos cómpre destacar o de Tosantos onde destaca a ermida da Virxe da Peña escavada na montaña, e Villafranca de Montes de Oca onde na igrexa de Santiago atopamos unha pía bautismal feita cunha cuncha natural xigante.


Despois de atravesar os Montes de Oca chegamos a aun dos lugares máso fermosos do camiño: o Mosteiro de San Juan de Ortega. Nesta pequena aldea naceu san Juan de Ortega, que ó seu regreso de Xerusalén se converteu en discípulo de santo Domingo e coma el promoveu a construción de hospitais, pontes... para aaxudar os peregrinos. A igrexa é románica e acolle o sepulcro do santo pero o máis chamativo e o chamado Miragre da Luz: durante os equinoccios de primavera e outono (lembrade, ó redor do 21 de marzo e 23 de setembro) o sol ilumina durante 10 minutos un capitel coa representación da Anunciación.

San Juan de Ortega
En San Juan de Ortega podedes coller dúas vías para chegar a Burgos, cidade do Cid. Na capital burgalesa podemos admirar a catedral gótica, coa súa Escalera Dorada, a porta do Sarmental ou a capela do Condestable, e o moi coñecido Papamoscas (situado no alto da nave maior, é unha figura de medio corpo que asoma sobre un reloj e que a todas as horas en punto abre a boca e move o brazo dereito para accionar unha campá); o mosteiro das Huelgas Reales e, xa fóra da cidade e do camiño, a Cartuja de Miraflores.
Papamoscas da catedral de Burgos

Fachada principal da catedral de Burgos
De Burgos a Hontanas o camiño atravesa os pobos de Tardajos, Rabé de la Calzadas e Hornillos del Camino. En Hontanas podemos ver la gran iglesia de la Inmaculada.