Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
jueves, 4 de diciembre de 2014
martes, 2 de diciembre de 2014
lunes, 1 de diciembre de 2014
jueves, 27 de noviembre de 2014
5ª ETAPA BERCIANOS DEL REAL CAMINO - MOLINASECA.
| Lugar moi importante nesta etapa |
Se fixeramos unha etapa como as que estamos facendo pouco teríamos que ver entre Bercianos del Camino e Astorga (averigüade que pobos e monumentos podemos visitar) polo que seguiremos máis alá de Astorga ata Molinaseca. É dicir, cubriremos 6 etapas do Camiño Francés. Dende Astorga ata Molinaseca atopamos varios pobos (outra vez co nome Del Camino) e un lugar moi emblemático do Camiño. Intentade dar un pouco de información das vilas e monumentos que nos atopamos no noso camiñar.
SOLUCIÓN 4ª ETAPA HONTANAS - BERCIANOS DEL REAL CAMINO
Vaia vaia, cada vez imos quedando menos nesta peregrinación polo que poucos poderán gañar a Compostela.
Aquí van as solucións
Aquí van as solucións
- unha localidade de orixe romana é un fermoso exemplo de Pobo Sirga: a nosa vila é Castrojeriz na que destaca a colexiata da Virgen del Manzano
| Virgen del Manzano, Castrojeriz |
- unha fermosa ponte fai a transición entre a provincia de Burgos e Palencia: Puente Fitero
| Puente Fitero |
- algo relacionado coa xustiza aparece no noso camiño: neste Rollo Xurisdiccional celebrábanse os xuízos e cumpríanse as penas
| Rollo xurisdiccional, Boadilla del Camino |
- a xoia do románico español crúzase no noso camiñar (ollo que falamos dela en clase): San Martín de Frómista
| San Martín de Frómista |
- unha igrexa templaria nos acolle noutro pobo Sirga: no pobo de Villalcázar de Sirga atópase a igrxa de Santa María la Blanca do s XIII, construída polos templarios
| Villálcazar de Sirga |
- un dos pobos palentinos do Camiño con diversas igrexas baixo advocacións xacobeas: Carrión de los Condes foi un centro de asistencia ós peregrinos medievais. Destacan as igrexas de Santa María del Camino ou a de Santiago e o mosteiro de San Zoilo
| Carrión de los Condes |
- pasamos por un pobo onde estiveron os membros dunha orde militar: non podía ser outro que Terradillos de los Templarios (aínda que antes pasamos camiño de Ledigos polo antigo hospital e mosteiro de Santa María de las Tiendas, que pertenceu á orde de Santiago).
| A orde do Temple outra vez |
- houbo monxes de Cluny nun dos mosteiros máis importantes da Península: a vila de Sahagún naceu ó redor do mosteiro dedicado aos santos Fagún e Primitivo, que pertenceu á orde de Cluny. Deste mosteiro só se conserva o arco de San Benito pero merece a pena visitar as igrexas mudéxares como a de San Tirso ou a da Peregrina. A arte mudéxar mestura elementos cristiáns e musulmáns.
| Arco de San Benito |
| Santuario da Peregrina, Sahagún |
sábado, 15 de noviembre de 2014
4ª ETAPA: HONTANAS - BERCIANOS DEL REAL CAMINO
Seguimos na nosa peregrinaxe e como puideches ver moitos dos pobos polos que pasamos levan nomes relacionados coa propia peregrinación: un santo benefactor, a propia palabra Camino no seu nome. Relacionado con esto están os chamados POBOS SIRGA: os pobos nacidos á beira do Camiño e que a súa propia trama urbana reflicte esta orixe pois son pobos artellados ao longo dunha vía principal ao redor da cal xurdiu o pobo.
Nesta etapa tede en conta o seguinte pero esto non quere dicir que se atopades outros aspectos interesantes o poñades
- unha localidade de orixe romana é un fermoso exemplo de Pobo Sirga
- unha fermosa ponte fai a transición entre a provincia de Burgos e Palencia
- algo relacionado coa xustiza aparece no noso camiño
- a xoia do románico español crúzase no noso camiñar (ollo que falamos dela en clase)
- unha igrexa templaria nos acolle noutro pobo Sirga
- un dos pobos palentinos do Camiño con diversas igrexas baixo advocacións xacobeas
- pasamos por un pobo onde estiveron os membros dunha orde militar
- houbo monxes de Cluny nun dos mosteiros máis importantes da Península
SOLUCIÓN 3ª ETAPA SANTO DOMINGO DE LA CALZADA - HONTANOS
Recuperados tras ver o galo e a galiña de Santo Domingo, continuamos camiño cruzando o río Oja (de onde provén o nome de La Rioja) rumbo a Grañón, derradeiro pobo de la Rioja. Entramos en Castela-León despois de subir un pequeno alto.
Llegamos a Redecilla del Camino donde destaca unha pia bautismal do s s XII construída nunha soa peza.
Atravesamos diversas vilas ata chegar a Belorado coa Praza Maior irregular cos casas porticadas e fachadas blasonadas.
Entre os pobos que atopamos cómpre destacar o de Tosantos onde destaca a ermida da Virxe da Peña escavada na montaña, e Villafranca de Montes de Oca onde na igrexa de Santiago atopamos unha pía bautismal feita cunha cuncha natural xigante.
Despois de atravesar os Montes de Oca chegamos a aun dos lugares máso fermosos do camiño: o Mosteiro de San Juan de Ortega. Nesta pequena aldea naceu san Juan de Ortega, que ó seu regreso de Xerusalén se converteu en discípulo de santo Domingo e coma el promoveu a construción de hospitais, pontes... para aaxudar os peregrinos. A igrexa é románica e acolle o sepulcro do santo pero o máis chamativo e o chamado Miragre da Luz: durante os equinoccios de primavera e outono (lembrade, ó redor do 21 de marzo e 23 de setembro) o sol ilumina durante 10 minutos un capitel coa representación da Anunciación.
En San Juan de Ortega podedes coller dúas vías para chegar a Burgos, cidade do Cid. Na capital burgalesa podemos admirar a catedral gótica, coa súa Escalera Dorada, a porta do Sarmental ou a capela do Condestable, e o moi coñecido Papamoscas (situado no alto da nave maior, é unha figura de medio corpo que asoma sobre un reloj e que a todas as horas en punto abre a boca e move o brazo dereito para accionar unha campá); o mosteiro das Huelgas Reales e, xa fóra da cidade e do camiño, a Cartuja de Miraflores.
De Burgos a Hontanas o camiño atravesa os pobos de Tardajos, Rabé de la Calzadas e Hornillos del Camino. En Hontanas podemos ver la gran iglesia de la Inmaculada.
Llegamos a Redecilla del Camino donde destaca unha pia bautismal do s s XII construída nunha soa peza.
| Pila bautismal de Redecilla del Camino |
Atravesamos diversas vilas ata chegar a Belorado coa Praza Maior irregular cos casas porticadas e fachadas blasonadas.
| Plaza Mayor, Belorado |
Despois de atravesar os Montes de Oca chegamos a aun dos lugares máso fermosos do camiño: o Mosteiro de San Juan de Ortega. Nesta pequena aldea naceu san Juan de Ortega, que ó seu regreso de Xerusalén se converteu en discípulo de santo Domingo e coma el promoveu a construción de hospitais, pontes... para aaxudar os peregrinos. A igrexa é románica e acolle o sepulcro do santo pero o máis chamativo e o chamado Miragre da Luz: durante os equinoccios de primavera e outono (lembrade, ó redor do 21 de marzo e 23 de setembro) o sol ilumina durante 10 minutos un capitel coa representación da Anunciación.
| San Juan de Ortega |
| Papamoscas da catedral de Burgos |
| Fachada principal da catedral de Burgos |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
