martes, 4 de abril de 2017

TRABALLO ESPAZO PROTEXIDO TEMA 8

Resultado de imagen de parques nacionales de españa  
Imos investigar sobre un espazo protexido de España e Galicia, cada un de vós tedes asignado un Parque Natural de Galicia ou un Parque Nacional de España. Como vos expliquei en clase tedes que facelo nunha cartolina pequena, tamaño folio, non vou coller ningunha cartolina grande. Tedes que indicar o nome completo do parque e a súa localización (onde está, comunidade autónoma, concello), clima ao que pertencen, especies vexetais e animais que viven no parque, porque ten esta protección de parque natural ou nacional. Podedes acompañalo de fotografías, mapas e calquera ilustración que consideredes necesaria. 

DATA DE ENTREGA 25 DE ABRIL

REMATAMOS A IDADE MEDIA