martes, 31 de enero de 2017

O CONDE PEREGRINO

Imagen relacionada
Pinchade na imaxe
Por se alguén perde a tarefa sobre o Camiño de Santiago, aquí tedes un enlace para descargala. Lembrade que hai que entregala o día do exame, o 7 de febreiro.



domingo, 15 de enero de 2017

SENDEIRO DO RÍO EIFONSO

O río Eifonso, afluente do Lagares, nace no monte das Lagoas, moi cerquiña do campus da Universidade de Vigo. Seguindo o seu curso, atópase a PR-65, unha pequena ruta de sendeirismo que termina no Parque Forestal de Beade. A ruta incorporouse en 2016 ao Parque Botánico Arco da Vella.  É un paseo natural formado por bosques autóctonos, saltos de auga e muíños.

 Destaca a fervenza da Bouzafría que conserva o seu redor restos dos muíños do Buraco e do Buraquiño.









Ao longo da ruta descubriremos diversos muíños como o do Sorrego e o da Pedrosa, pontes de pedra, a capela de San Cibrán e as ruínas das chamadas casas da Fraga, escondidas nun bosque de carballos e castiñeiros.

A capela de San Cibrán, da que se ten referencias dende o s XVI,  ten planta rectangular cun ábsida hexagonal. Na fachada destacan unha vidreira e un campanario que puido pertencer a outra construción. Nos seus arredores celébranse diversas romarías e a festa da Sidra. É o inicio do Parque Botánico Arco da Vella.



Nos faremos a ruta no sentido descendente.

Se queredes máis información visitade as seguintes páxinas:
* www.galiciamaxica.eu
* www.turismodevigo.org