jueves, 19 de noviembre de 2015

VISITA A PONTEVEDRA

Na curta visita a Pontevedra puidemos ver algún exemplo da arte románica, que xa estudamos, e tamén da arte gótica, que imos a estudar


Apoteose de San Martíño, tímpano procedente de San Martiño de Moaña (s XIII)
Fondo da Sociedad Arqueológica de Pontevedra (Museo de Pontevedra, Sexto Edificio)


Neste tímpano percíbese perfectamente a adaptación das figuras ao marco arquitectónico, a mandorla ou améndoa mística, o inicio da arquivolta, o lintel


Convento de San Francisco

Nesta fachada xa vemos as características do gótico: o arco apuntado e o rosetón.


Arcos de San Barolomeu

Lateral da igrexa de San Bartolomeu


  
Aprecianse os contrafortes no muro lateral e os arcos de medio punto que se se prolonganse farían unha bóveda de canón.

















Pero tamén nos adiantamos no tempo e puidemos ver exemplos de arte  barroca. 

Fachada de San Bartolomeu
Trátase dunha igrexa barroca construída a imaxe das igrexas de Roma. Como elementos barrocos temos as columnas de orde salomónica, o frontón partido, os escudos decorando, a monumentalidade xeral da igrexa

Non podíamos deixar de ver o Santuario da Virxe Peregrina, onde acudían os peregrinos a Compostela que seguían a ruta portuguesa, coa súa planta en forma de vieira. O interior queda constituído por unha rotonda que se cubre cunha cúpula  con lunetos. O clasicismo apréciase non só na cúpula tamén nas pilastras planas, nas metopas




Cúpula do Santuario da Peregrina

E tamén recordamos cousas que estudamos o ano pasado, como os restos da época castrexa e inicios da romanización


Lacus de sacrificio do s III d C atopada en Mougás (Oia)



Ánforas




Estelas funerarias

Triscele



Petróglifo

Ídolos