Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
domingo, 4 de febrero de 2018
viernes, 2 de febrero de 2018
RODRIGO DÍAZ DE VIVAR: O CID CAMPEADOR
Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, está a medio camiño entre a figura histórica e a lenda. Foi un cabaleiro medieval unhas veces ao servizo dos reis de Castela e outras aos dos musulmáns, que caeu en desgraza en varias ocasións pero que incluso venceu nunha batalla despois de morto 😱
Os últimos anos da súa vida foron recollidos no Cantar do Mío Cid, un cantar de xesta escrito probablemente ao redor do 1200, considerado a primeira gran obra da literatura escrita en lingua romance.
Os cinéfilos podedes ver El Cid (1961), película protagonizada por Charlon Heston e Sofía Loren e gravada en España. E aqueles aos que os gusten máis os debuxos animados, en 1980 fíxose a serie Ruy, el pequeño Cid, que recreaba a infancia do personaxe.

Recentemente a gran serie El ministerio del tiempo dedicou un capítulo a esta figura histórica, Tiempo de leyenda, onde os membros da patrulla teñen que verificar a existencia deste personaxe a partir da suposta existencia de dous lugares onde din reposar os restos do Cid.
domingo, 28 de enero de 2018
viernes, 12 de enero de 2018
martes, 19 de diciembre de 2017
martes, 12 de diciembre de 2017
domingo, 3 de diciembre de 2017
jueves, 23 de noviembre de 2017
viernes, 17 de noviembre de 2017
Textos sobre o feudalismo para comentar en clase
A SOCIEDADE ESTAMENTAL
"A orde eclesiástica non compón senón un só corpo. En cambio a sociedade está dividida en tres ordes. Ademais da xa citada, a lei recoñee outras dúas condicións: o nobre e o servo que non se rixen pola mesma lei. Os nobres son os guerreiros, os protectores das igrexas. Defenden a todo o pobo, ós grandes o mesmo que ós pequenos e ó mesmo tempo se protexen a eles mesmos. A outra clase é a dos servos. Esta raza de
desgraciados non posee nada sen sufrimento. Provisións e vestidos son subministrados a todos por eles, pois os homes libres non poden valerse sen eles. Así pois a cidade de Deus que é se ten como unha, en realidade é triple. Uns rezan, outros loitan e outros traballan. As tres ordes viven xuntas e non sufrirían unha separación. Os servizos de cada un destas ordes permiten os traballos dos outros dous. E cada un a súa vez presta apoio ós demais."
(ADALBERON DE LAON, "Carmen ad Robertum regem francorum" (a.998).)
"O sete de abril (ano 1127), xoves, as homenaxes foron de novo rendidas ó conde. En primeiro lugar, fixeron as homenaxes da seguinte maneira. O conde pediu (ó futuro vasalo) se quería converterse no seu home sen reservas e aquel respondeu: "quéroo", despois, as sús mans, estando xuntas entre as do conde que as estreitaba, se aliaron cun bico. En segundo lugar, aquel que fixera a homenaxe expresou a súa fidelidade nestes termos: " Prometo pola miña fe ser fiel, a partir deste instante, ó conde Guillerme e gardar contra todos e enteramente a miña homenaxe, de boa fe e sen enganos". En terceiro lugar, xurou sobre as reliquias dos santos. Seguidamente coa vara que tiña na man, o conde deu a investidura a todos aqueles que por este pacto lle prometeran, seguridade, rendido homenaxes e ó mesmo tempo prestado xuramento."
A CONCESIÓN DUN FEUDO
"Sea por todos coñecido como eu, Afonso, pola gracia de Deus, rei de Aragón, conde de Barcelona, marqués de Provenza, dou e concedo a ti Guillem de Anglesola, o meu castelo de Mur (Lleida), por min e polos meus sucessores e o terás con servizo e fidelidade. Douche e concedoche este castelo con todos os seus termos e pertenzas; ademais recibirás aqueles 8.400 litros de trigo, os cales me daban os habitantes do termo dese castelo. Doucho e concedocho en feudo, farásme servizo e terásme fidelidade perpetua tanto a min coma ós meus sucesores. Tamén te outorgo que podas socorrer e defender o castelo contra todos os homes, non puidendoo facer contra min, contra os meus e contra os meus sucesores. E eu Guillem de Anglesola, renuncio a perpetuidade, todo dano e queixa que teña ata o día de hoxe contra vos, señor, e contra os vosos. Esta carta foi escrita en Barbastro no mes de novembro de 1192."lunes, 6 de noviembre de 2017
PARTES DUNHA MESQUITA
Patio ou sahn: espazo aberto rodeado por un pórtico
Minarete: torre dende a que se chama a oración
Fonte das ablución: para purificarse antes de orar
Sala de oración ou haram: espazo cuberto dividido en naves por soportes e arcos
Quibla: muro que pecha a mesquita en dirección á Meca
Mihrab: nicho baleiro aberto na Quibla que acolle o Corán
Mimbar: púlpito dende o que se dirixe a oración
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






