lunes, 8 de mayo de 2017

O ESTUDO DA POBOACIÓN

Aquí vos deixo a presentación coa que traballamos en clase, tede en conta que hai teoría que traballamos por medio de exercicios polo que teredes que estudala polo libro

lunes, 1 de mayo de 2017

CRECIMIENTO POBLACIÓN MUNDIAL Brutal la expansión últimos 200 años

Pirámide de poboación en Excel paso a paso

Un dos gráficos máis relevantes para estudar a poboación é a Pirámide, na que ser reflicten os grupos por idade e sexo. Esto nos permite explicar a situación actual da poboación tendo en conta os acontecementos do pasado, pero tamén facer unha proxección futura.. Para facer a pirámide de poboación en Excel pincha na imaxe


martes, 4 de abril de 2017

TRABALLO ESPAZO PROTEXIDO TEMA 8

Resultado de imagen de parques nacionales de españa  
Imos investigar sobre un espazo protexido de España e Galicia, cada un de vós tedes asignado un Parque Natural de Galicia ou un Parque Nacional de España. Como vos expliquei en clase tedes que facelo nunha cartolina pequena, tamaño folio, non vou coller ningunha cartolina grande. Tedes que indicar o nome completo do parque e a súa localización (onde está, comunidade autónoma, concello), clima ao que pertencen, especies vexetais e animais que viven no parque, porque ten esta protección de parque natural ou nacional. Podedes acompañalo de fotografías, mapas e calquera ilustración que consideredes necesaria. 

DATA DE ENTREGA 25 DE ABRIL

REMATAMOS A IDADE MEDIA




martes, 31 de enero de 2017

O CONDE PEREGRINO

Imagen relacionada
Pinchade na imaxe
Por se alguén perde a tarefa sobre o Camiño de Santiago, aquí tedes un enlace para descargala. Lembrade que hai que entregala o día do exame, o 7 de febreiro.



domingo, 15 de enero de 2017

SENDEIRO DO RÍO EIFONSO

O río Eifonso, afluente do Lagares, nace no monte das Lagoas, moi cerquiña do campus da Universidade de Vigo. Seguindo o seu curso, atópase a PR-65, unha pequena ruta de sendeirismo que termina no Parque Forestal de Beade. A ruta incorporouse en 2016 ao Parque Botánico Arco da Vella.  É un paseo natural formado por bosques autóctonos, saltos de auga e muíños.

 Destaca a fervenza da Bouzafría que conserva o seu redor restos dos muíños do Buraco e do Buraquiño.









Ao longo da ruta descubriremos diversos muíños como o do Sorrego e o da Pedrosa, pontes de pedra, a capela de San Cibrán e as ruínas das chamadas casas da Fraga, escondidas nun bosque de carballos e castiñeiros.

A capela de San Cibrán, da que se ten referencias dende o s XVI,  ten planta rectangular cun ábsida hexagonal. Na fachada destacan unha vidreira e un campanario que puido pertencer a outra construción. Nos seus arredores celébranse diversas romarías e a festa da Sidra. É o inicio do Parque Botánico Arco da Vella.



Nos faremos a ruta no sentido descendente.

Se queredes máis información visitade as seguintes páxinas:
* www.galiciamaxica.eu
* www.turismodevigo.org

miércoles, 30 de noviembre de 2016

DECORACIÓN NAVIDEÑA 2º A - 2º B ESO

Parabéns rapaces! Bo traballo! Nuns días os nosos adornos navideños lucirán no noso barrio de Teis xunto aos dos compañeiros dos demais curso e as dos outros coles da zona. Sodes uns artistas!


miércoles, 29 de junio de 2016