Ao longo da ruta descubriremos diversos muíños como o do Sorrego e o da Pedrosa, pontes de pedra, a capela de San Cibrán e as ruínas das chamadas casas da Fraga, escondidas nun bosque de carballos e castiñeiros.
A capela de San Cibrán, da que se ten referencias dende o s XVI, ten planta rectangular cun ábsida hexagonal. Na fachada destacan unha vidreira e un campanario que puido pertencer a outra construción. Nos seus arredores celébranse diversas romarías e a festa da Sidra. É o inicio do Parque Botánico Arco da Vella.
Nos faremos a ruta no sentido descendente.
Se queredes máis información visitade as seguintes páxinas:
* www.galiciamaxica.eu
* www.turismodevigo.org