martes, 30 de junio de 2015

miércoles, 3 de junio de 2015

RECTA FINAL

Veña chic@s que estamos na recta final, un pouquiño de esforzo para acabar ben o curso.



viernes, 15 de mayo de 2015

MAPA POLÍTICO DE ESPAÑA

Lembrade repasar as provincias e as comunidades autónomas que en calquera momento....Aquí vs deixo un mapa mudo para practicar

España

Morfoloxía urbana

Aquí tedes distintos planos urbanos

Manhattan, plano en cuadrícula

Nordlingen, plano radiocéntrico

Barcelona, centro histórico e ensanche

Vigo, plano complexo

domingo, 29 de marzo de 2015

A RECONQUISTA DE VIGO

Resultado de imagen de reconquista de vigo
Reconquista de Vigo
Este fin de semana celebrouse festa da Reconquista. Nela lémbrase o acontecemento histórico máis importante da cidade cando en 1809 no marco da Guerra da Independencia os habitantes de Vigo expulsaron ós franceses que tomaran a cidade. Se queredes saber máis pinchade na foto

A BATALLA DE RANDE

          A Batalla de Rande tivo lugar o 23 de outubro de 1702 no marco da Guerra de Sucesión. No seguinte enlace tedes o video que vimos en clase: Video da batalla de Rande
                 O monumento en Vigo a esta batalla atópase no Castro. Trátase des 3 áncoras dos vellos galeóns. Realizouno Desiderio Pernas e inaugurouse en 1967. Hai tamén diversos canóns.

Resultado de imagen de monumento anclas  o castro vigo
As Áncoras, no Castro
               Fixádevos se foi a batalla importante para os ingleses que en Londres atópase a Vigo Street, cerca de Regent Street e Picadilly Circus. Hai un par de anos nunha exposición de xoguetes relacionados co mundo do mar feita no Museo do Mar de Galicia, mostraron ata un xogo de mesa inspirado nesta batalla.
Resultado de imagen de vigo street
Vigo Street, London


              Dende a mesma época da batalla especuolouse coa existencia dun gran tesouro afundido no estreito de Rande e ao longo dos anos fixéronse expedicións para intenter recuperalo. A literatura tamén fíxose eco desta situación e Julio Verne (1828-1905) no seu Vinte mil leguas de viaxe submarina (1869)dedicou un capítulo á batalla e ó tesouro dos galeóns. En calquera biblioteca podedes atopar esta obra pero deixovos o seguinte enlace: Vinte mil leguas de viaxe submarina. Julio Verne visitou a cidade en 1878 aproveitando que ía cara o Mediterráneo no seu iate Saint Michell III. Repetiu a visita en 1884 para que o seu barco fose reparado nun asteleiro da cidade.
         Conincidindo co centenario da morte de Verne (2005) a Asociación de Mujeres Empresarias de Pontevedra encargou unha escultura en bronce a José Molares é donouna á cidade. Atópase nas Avenidas, xunto ós xardíns de Montero Ríos. Na cidade existe a Sociedade Verniana de Vigo que honra ó escritor.



Monumento a Verne nas Avenidas

Na enseada de San Simón, na praia de Cesantes atópase o monumento ao Capitán Nemo e os seus buzos. Este monumento ten a particularidade de que só é visible (sobre todo os buzos e o tesouro) cando a marea está moi moi baixa. É obra de Ramón Lastra e Sergio Portela (2004)

Resultado de imagen de monumento nemo cesantes
Monumento ao Capitán Nemo en Cesantes

E agora os vosos murais: 










viernes, 20 de marzo de 2015

PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO - NAO VICTORIA

La tripulación de la "Nao Victoria", ayer, en la cubierta del barco. Onte chegou ao porto de Baiona a réplica da NAO VICTORIA coa que Elcano rematou en 1522 a primeira volta ao mundo que iniciara con Magallanes. Trátase dunha escala técnica por lo que non estará moitos días pero é unha oportunidade para ver como eran estas embarcacións. Se pinchades na foto tedes máis información. Lembrade que en Baiona tamén se atopa unha réplica de La Pinta.

miércoles, 18 de marzo de 2015

ECLIPSE SOLAR

O próximo venres día 20 de marzo haberá un eclipse parcial de Sol. Hai que ter moitas precaucións para poder velo. No blog de 1ºESO tedes unhas recomendacións no seguinte post: ECLIPSE SOLAR ademais os indican unhas páxinas web nas que se pode seguir en directo.


NON MIREDES DIRECTAMENTE Ó SOL NIN CON GAFAS DE SOL