domingo, 29 de marzo de 2015

A BATALLA DE RANDE

          A Batalla de Rande tivo lugar o 23 de outubro de 1702 no marco da Guerra de Sucesión. No seguinte enlace tedes o video que vimos en clase: Video da batalla de Rande
                 O monumento en Vigo a esta batalla atópase no Castro. Trátase des 3 áncoras dos vellos galeóns. Realizouno Desiderio Pernas e inaugurouse en 1967. Hai tamén diversos canóns.

Resultado de imagen de monumento anclas  o castro vigo
As Áncoras, no Castro
               Fixádevos se foi a batalla importante para os ingleses que en Londres atópase a Vigo Street, cerca de Regent Street e Picadilly Circus. Hai un par de anos nunha exposición de xoguetes relacionados co mundo do mar feita no Museo do Mar de Galicia, mostraron ata un xogo de mesa inspirado nesta batalla.
Resultado de imagen de vigo street
Vigo Street, London


              Dende a mesma época da batalla especuolouse coa existencia dun gran tesouro afundido no estreito de Rande e ao longo dos anos fixéronse expedicións para intenter recuperalo. A literatura tamén fíxose eco desta situación e Julio Verne (1828-1905) no seu Vinte mil leguas de viaxe submarina (1869)dedicou un capítulo á batalla e ó tesouro dos galeóns. En calquera biblioteca podedes atopar esta obra pero deixovos o seguinte enlace: Vinte mil leguas de viaxe submarina. Julio Verne visitou a cidade en 1878 aproveitando que ía cara o Mediterráneo no seu iate Saint Michell III. Repetiu a visita en 1884 para que o seu barco fose reparado nun asteleiro da cidade.
         Conincidindo co centenario da morte de Verne (2005) a Asociación de Mujeres Empresarias de Pontevedra encargou unha escultura en bronce a José Molares é donouna á cidade. Atópase nas Avenidas, xunto ós xardíns de Montero Ríos. Na cidade existe a Sociedade Verniana de Vigo que honra ó escritor.



Monumento a Verne nas Avenidas

Na enseada de San Simón, na praia de Cesantes atópase o monumento ao Capitán Nemo e os seus buzos. Este monumento ten a particularidade de que só é visible (sobre todo os buzos e o tesouro) cando a marea está moi moi baixa. É obra de Ramón Lastra e Sergio Portela (2004)

Resultado de imagen de monumento nemo cesantes
Monumento ao Capitán Nemo en Cesantes

E agora os vosos murais: