Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
lunes, 6 de abril de 2015
domingo, 29 de marzo de 2015
A RECONQUISTA DE VIGO
| Reconquista de Vigo |
Este fin de semana celebrouse festa da Reconquista. Nela lémbrase o acontecemento histórico máis importante da cidade cando en 1809 no marco da Guerra da Independencia os habitantes de Vigo expulsaron ós franceses que tomaran a cidade. Se queredes saber máis pinchade na foto
A BATALLA DE RANDE
A Batalla de Rande tivo lugar o 23 de outubro de 1702 no marco da Guerra de Sucesión. No seguinte enlace tedes o video que vimos en clase: Video da batalla de Rande
O monumento en Vigo a esta batalla atópase no Castro. Trátase des 3 áncoras dos vellos galeóns. Realizouno Desiderio Pernas e inaugurouse en 1967. Hai tamén diversos canóns.
| As Áncoras, no Castro |
Fixádevos se foi a batalla importante para os ingleses que en Londres atópase a Vigo Street, cerca de Regent Street e Picadilly Circus. Hai un par de anos nunha exposición de xoguetes relacionados co mundo do mar feita no Museo do Mar de Galicia, mostraron ata un xogo de mesa inspirado nesta batalla.
| Vigo Street, London |
Dende a mesma época da batalla especuolouse coa existencia dun gran tesouro afundido no estreito de Rande e ao longo dos anos fixéronse expedicións para intenter recuperalo. A literatura tamén fíxose eco desta situación e Julio Verne (1828-1905) no seu Vinte mil leguas de viaxe submarina (1869)dedicou un capítulo á batalla e ó tesouro dos galeóns. En calquera biblioteca podedes atopar esta obra pero deixovos o seguinte enlace: Vinte mil leguas de viaxe submarina. Julio Verne visitou a cidade en 1878 aproveitando que ía cara o Mediterráneo no seu iate Saint Michell III. Repetiu a visita en 1884 para que o seu barco fose reparado nun asteleiro da cidade.
Conincidindo co centenario da morte de Verne (2005) a Asociación de Mujeres Empresarias de Pontevedra encargou unha escultura en bronce a José Molares é donouna á cidade. Atópase nas Avenidas, xunto ós xardíns de Montero Ríos. Na cidade existe a Sociedade Verniana de Vigo que honra ó escritor.
![]() |
| Monumento a Verne nas Avenidas |
Na enseada de San Simón, na praia de Cesantes atópase o monumento ao Capitán Nemo e os seus buzos. Este monumento ten a particularidade de que só é visible (sobre todo os buzos e o tesouro) cando a marea está moi moi baixa. É obra de Ramón Lastra e Sergio Portela (2004)
| Monumento ao Capitán Nemo en Cesantes |
viernes, 20 de marzo de 2015
PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO - NAO VICTORIA
miércoles, 18 de marzo de 2015
ECLIPSE SOLAR
O próximo venres día 20 de marzo haberá un eclipse parcial de Sol. Hai que ter moitas precaucións para poder velo. No blog de 1ºESO tedes unhas recomendacións no seguinte post: ECLIPSE SOLAR ademais os indican unhas páxinas web nas que se pode seguir en directo.
NON MIREDES DIRECTAMENTE Ó SOL NIN CON GAFAS DE SOL
NON MIREDES DIRECTAMENTE Ó SOL NIN CON GAFAS DE SOL
domingo, 15 de marzo de 2015
lunes, 9 de marzo de 2015
sábado, 7 de marzo de 2015
jueves, 5 de marzo de 2015
TEXTO DE BARTOLOMÉ DE LAS CASAS
Frei Bartolomé de las Casas foi un dos defensores dos indios en América e denunciou as inxustizas que se cometeron con eles. Imos traballalo en clase a partir do seguinte texto:


“Muy
poderosos y soberanos señores: el obispo que fue de Chiapas besa á V.A. las
manos suplico tenga por bien con atención oír cómo ha muchos años que ando en
esta real corte y ante este Real Consejo de las Indias, negociando y procurando
el remedio de las gentes y naturales de las que llamamos Indias, y que cesen
los estragos y matanzas que en ellos se hacen contra toda razón y justicia; y
puesto que la voluntad de los reyes ha sido proveerlos de Justicia y
conservarlos en ella, y no consentir que les fuesen hechos daños y agravios y
así lo han mostrado por sus muchas leyes, pero llegadas allí no se han
cumplido, porque los unos y los otros siempre han engañado a los reyes. Dos
especies de tiranía con que han asolado aquellas tan innumerables repúblicas:
La
una en nuestra primera entrada, que llamaron conquista. La otra fue y es la
tiránica gobernación a la que pusieron con nombre repartimientos o encomiendas,
por la cual a los reyes naturales habernos violentamente, contra toda razón y
justicia, despojado a los señores y súbditos de su libertad y de las vidas.”
Memorial de Fray Bartolomé de Las
Casas al Consejo de Indias, 1562-1563
lunes, 23 de febrero de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















