lunes, 18 de abril de 2016

DESCUBRIMENTO E COLONIZACIÓN DO NOVO MUNDO

Hoxe en día non nos imaxinamos vivir sen Internet, non beber Coca-Cola, non xogar ao baloncesto (sí, tiñades razón é americano), non comer tomates, patatas ou millo. É que dicir de que o español é a segunda lingua máis falada no mundo ou de que hoxe teñamos un papa arxentino. Todo isto é posible grazas ao continente americano. Tarde ou temprano os europeos ou os asiáticos acabarían chegando a América pero foi a aventura de Cristovo Colón de chegar a Oriente navegando cara Occidente a que chegou ata alá en 1492. O que pasou despois xa o sabedes.