Pinchade na imaxe |
Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
martes, 31 de enero de 2017
O CONDE PEREGRINO
domingo, 15 de enero de 2017
SENDEIRO DO RÍO EIFONSO
O río Eifonso, afluente do Lagares, nace no monte das Lagoas, moi cerquiña do campus da Universidade de Vigo. Seguindo o seu curso, atópase a PR-65, unha pequena ruta de sendeirismo que termina no Parque Forestal de Beade. A ruta incorporouse en 2016 ao Parque Botánico Arco da Vella. É un paseo natural formado por bosques autóctonos, saltos de auga e muíños.
Destaca a fervenza da Bouzafría que conserva o seu redor restos dos muíños do Buraco e do Buraquiño.
Ao longo da ruta descubriremos diversos muíños como o do Sorrego e o da Pedrosa, pontes de pedra, a capela de San Cibrán e as ruínas das chamadas casas da Fraga, escondidas nun bosque de carballos e castiñeiros.
A capela de San Cibrán, da que se ten referencias dende o s XVI, ten planta rectangular cun ábsida hexagonal. Na fachada destacan unha vidreira e un campanario que puido pertencer a outra construción. Nos seus arredores celébranse diversas romarías e a festa da Sidra. É o inicio do Parque Botánico Arco da Vella.
Nos faremos a ruta no sentido descendente.
Se queredes máis información visitade as seguintes páxinas:
* www.galiciamaxica.eu
* www.turismodevigo.org

Suscribirse a:
Entradas (Atom)