Se fixerades o Camiño a pé dende aquí xa recibiriades a Compostela pois estamos a pouco máis de 100 km, requisito para obtelea se se fai a pé.
O primeiro monumento de interese que atopamos pouco despois de saír de Sarria é a igrexa románica de Santiago de Barbadelo, que pertenceu ó mosteiro de Samos.
|
Portada de Santiago de Barbadelo
|
Pasamos por numerosas aldeas ata chegar a Portomarín. A antiga vila foi anegada polas augas do embalse de Belesar ao construírse unha central hidroeléctrica en 1963. As súas igrexas e nomumentos foron levados pedra a pedra ata a súa nova ubicación. Destacan a igrexa de San Xoán tamén coñecida como de San Nicolás, construída pola orde de Malta, a igrexa de San Pedro e o Pazo de Berbetoros.
|
San Xoán de Portomarín |
A seguinte vila de importancia que atopamos no camiño é Palas de Rei, de orixe prerromana. Foi un centro de asistencia ós peregrinos.
|
Igrexa de San Tirso, Palas de Rei |
Saímos de Palas de Rei cara Arzúa e nos atopamos coa aldea de Leboreiro coa igrexa románica de Santa María, En Melide únense o Camiño Francés e o Camiño Primitivo procedente de Oviedo. En Melide podemos visitar as igrexas de San Pedro e Santa María, as dúas con pinturas murais.
|
Igrexa de San Pedro, Melide |
En Arzúa conflúen o Camiño Francés co Camino do Norte. Destacan as ruinas do convento da Magdalena e a igrexa de Santiago, de factura moderna, e, como non!, o seu famoso queixo co que repoñeremos forzas.
|
Queixo da D. O. Arzúa-Ulloa
|
Continuamos camiño ata chegar A Rúa e Pedrouzo, non queda nada. Estamos cerca da capital polo que aparecen os polígonos industriais. Pasamos por Lavacolla e San Marcos para chegar ao Monte do Gozo, hoxe un complexo turístico. Chamouse así polo gozo que obtiñan os peregrinos ao ver por primeira vez as torres da catedral de Santiago. Hoxe, para ver as torres temos que achegarnos ao monumento conmemorativo da visita do papa Xoan Paulo II en 1992.
|
Monumento a Xoán Paulo II |
|
Monumento al peregrino |
Dende aquí nun suspiro chegamos ata Santiago de Compostela. Atravesamos o barrio de San Lázaro, as rúas dos Concheiros e de San Pedro, e nos adentramos do centro histórico de Compostela para chegar ata a catedral e a tumba do Apóstolo.
|
Sepulcro do Apóstolo Santiago |
Como bos peregrinos deberiamos asistir a misa do Peregrino, selar a nosa Credencial e obter a nosa Compostela, pero iso só o conseguirán os que chegaron ata Santiago.
O que hai que ver e facer en Santiago é outra historia, deixámolo para cando vaiamos de excursión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
PUBLICA AQUÍ A TÚA RESPOSTA