martes, 27 de enero de 2015

1492 The conquest of paradise

 Comenteivos en clase que esta película 1492 The conquest of paradise no seu título orixinal (1492 La conquista del paraíso) estaba moi ben para estudar o proceso do descubrimento de América. Neste video resúmese a película, espero que despois de velo teñades ganas de ver toda a película.

POBOS PRECOLOMBINOS: OS INCAS

POBOS PRECOLOMBINOS: OS AZTECAS

POBOS PRECOLOMBINOS: OS MAIAS

Novos instrumentos e técnicas de navegación



Accedede á información sobre os instrumentos e as novas técnicas de navegación pinchando nas imaxes


Compás

Cuadrante

Portolanos
Carabelas e naos






Era galego Cristovo Colón?

Tradicionalmente se decía que Cristovo Colón era xenovés, aínda que non estivo moi claro a súa orixe. Unha das teorías é que Colón era galego, da zona de Poio e que realmente era o nobre Pedro Álvarez de Sotomayor, coñecido como Pedro Madruga, Non vou ser eu quen diga se esta teoría é certa ou non. Xulgade vós mesmos, pinchade na imaxe para acceder á información.



domingo, 25 de enero de 2015

POLÍTICA MATRIMONIAL DOS REIS CATÓLICOS

Os personaxes de Isabel e Fernando, Reis Católicos
Un dos aspectos básicos da política exterior dos Reis Católicos foi a política matrimonial. de xeito que emparentaron os seus fillos coas monarquías máis importantes de Europa na busca de aliados.
Imos aproveitar unha escea da serie Isabel, de RTVE, para entendela. Temos que ter en conta que se trata dunha ficción e aínda que se base en feitos históricos sempre hai licencias cinematográficas. 










domingo, 18 de enero de 2015

SOLUCIÓN 7ª ETAPA SARRIA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

Se fixerades o Camiño a pé dende aquí xa recibiriades a Compostela pois estamos a pouco máis de 100 km, requisito para obtelea se se fai a pé.

O primeiro monumento de interese que atopamos pouco despois de saír de Sarria é a igrexa románica de Santiago de Barbadelo, que pertenceu ó mosteiro de Samos.
Portada de Santiago de Barbadelo
Pasamos por numerosas aldeas ata chegar a Portomarín. A antiga vila foi anegada polas augas do embalse de Belesar ao construírse unha central hidroeléctrica en 1963. As súas igrexas e nomumentos foron levados pedra a pedra ata a súa nova ubicación. Destacan a igrexa de San Xoán tamén coñecida como de San  Nicolás, construída pola orde de Malta, a igrexa de San Pedro e o Pazo de Berbetoros. 
San Xoán de Portomarín
A seguinte vila de importancia que atopamos no camiño é Palas de Rei, de orixe prerromana. Foi un centro de asistencia ós peregrinos. 
Igrexa de San Tirso, Palas de Rei

Saímos de Palas de Rei cara Arzúa e nos atopamos coa aldea de Leboreiro coa igrexa románica de Santa María, En Melide únense o Camiño Francés e o Camiño Primitivo procedente de Oviedo. En Melide podemos visitar as igrexas de San Pedro e Santa María, as dúas con pinturas murais. 
Igrexa de San Pedro, Melide

En Arzúa conflúen o Camiño Francés co Camino do Norte. Destacan as ruinas do convento da Magdalena e a igrexa de Santiago, de factura moderna, e, como non!, o seu famoso queixo co que repoñeremos forzas.




Queixo da D. O. Arzúa-Ulloa
Continuamos camiño ata chegar A Rúa e Pedrouzo, non queda nada. Estamos cerca da capital polo que aparecen os polígonos industriais. Pasamos por Lavacolla e San Marcos para chegar ao Monte do Gozo, hoxe un complexo turístico. Chamouse así polo gozo que obtiñan os peregrinos ao ver por primeira vez as torres da catedral de Santiago. Hoxe, para ver as torres temos que achegarnos ao monumento conmemorativo da visita do papa Xoan Paulo II en 1992. 

Monumento a Xoán Paulo II
Monumento al peregrino
Dende aquí nun suspiro chegamos ata Santiago de Compostela. Atravesamos o barrio de San Lázaro, as rúas dos Concheiros e de San Pedro, e nos adentramos do centro histórico de Compostela para chegar ata a catedral e a tumba do Apóstolo. 
Sepulcro do Apóstolo Santiago

Como bos peregrinos deberiamos asistir a misa do Peregrino, selar a nosa Credencial e obter a nosa Compostela, pero iso só o conseguirán os que chegaron ata Santiago.
O que hai que ver e facer en Santiago é outra historia, deixámolo para cando vaiamos de excursión.