Ao longo deste trimestre no que imos estudar a historia medieval de Europa imos realizar o seguinte proxecto: O CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUAL. Por razóns obvias, non podemos realizar o Camiño de maneira física polo que o faremos de xeito virtual.
Cada semana eu irei indicando as etapas que imos percorrer, indicando o lugar de inicio e o de chegada, en lugar de indicar as etapas día a día, serán etapas semanais. Tedes que buscar a seguinte información:
* localidades polas que se pasa, evidentemente, por orde xeográfica
* lugares de interese que se poden visitar tanto naturais (fragas, ríos, cumios...) como históricos (igrexas e capelas, catedrais, mosteiros, palacios...)
* calquera outro aspecto que consideredes interesante
* sempre que podamos incluiremos unha fotografía ou o enlace a onde se atopa
Aspectos a ter en conta:
* é un proxecto individual
* as respostas sempre se correxirán na clase, poden facerse por escrito (folios, caderno pequeno exclusivo para o traballo). Podedes tamén deixar a vosa resposta no propio blog. Tede en conta que para que se publique un comentario, este debe ser correcto e ceñirse á pregunta, indicando o nome e o curso. Os comentarios SON REVISADOS por min antes da súa publicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
PUBLICA AQUÍ A TÚA RESPOSTA