Test de repaso do exame da P. Ibérica nos séculos XI-XIII
Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
jueves, 14 de febrero de 2019
miércoles, 13 de febrero de 2019
MAPAS MENTAIS DOS BIOMAS
Pinchade no enlace correspondente para acceder aos mapas mentais sobre os Biomas Zonais que fixechedes en clase
MAPA MENTAL 1º A
MAPA MENTAL 1º B
MAPA MENTAL 1º A
MAPA MENTAL 1º B
lunes, 11 de febrero de 2019
jueves, 7 de febrero de 2019
miércoles, 6 de febrero de 2019
viernes, 18 de enero de 2019
REINOS CRISTIÁNS DA PENÍNSULA IBÉRICA S VIII-XI
Aquí vos deixo a presentación coa que imos traballar en clase.
https://docs.google.com/presentation/d/1lXlfcp6vyDHzwudE7H0Aqgp2sv8qwvVBXc47yp_UtQ0/edit?usp=sharing
https://docs.google.com/presentation/d/1lXlfcp6vyDHzwudE7H0Aqgp2sv8qwvVBXc47yp_UtQ0/edit?usp=sharing
jueves, 8 de noviembre de 2018
jueves, 7 de junio de 2018
martes, 22 de mayo de 2018
AS CIDADES
Para traballar as cidades, a súa evolución histórica, características e situación no mundo actual, seguiredes a seguinte webquest:
https://sites.google.com/site/cidades2eso/home
https://sites.google.com/site/cidades2eso/home
lunes, 23 de abril de 2018
DÍA DO LIBRO: NOVELAS HISTÓRICAS IDADE MEDIA
O 23 de abril é o Día do Libro. Un dos xéneros que máis lectores ten é o da novela histórica, na que se recrean acontecementos históricos mesturados coa ficción. Da idade media, a que estudamos este ano, hai moitas novelas, unhas máis fieis á historia que outras. Entre os temas máis recurrentes atópanse a España das tres culturas (cristiá, musulmá e xudía) e o Camiño de Santiago. Hai moitas novelas sobre os templarios pero, ao meu entender, moitas delas son iso novelas máis que basearse en feitos históricos documentados. Algunha destas novelas foron levadas ao cine ou á televisión. Non deixo os libros aquí para que os leades agora, senón para que aqueles que vos gusta o xénero os podades ler nun futuro. No blog de 1º da ESO tedes novelas centradas na Idade Antiga.

Galcerán de Born é un cabaleiro hsopitalario a quen o mapa lle encarga a misión de descubrir os asasinos do papa Clemente, o rei Felipee de Guillermo de Nogaret. Coa axuda de Jonás e dunha feiticeira xudía, ademais de descubrir os asasinos atopará un pergamiño no que se afirma que o ouro dos templarios está escondido nun lugar do Camiño de Santiago polo que terán que convertirse en peregrinos e buscar o tesouro templario.
Este libro inicia unha triloxía sobre unha familia de médicos ás que pertencen Chamán e Doctora Cole, ambientadas en época posterior . En El médico, Rob J. Cole, un xoven londinense cun don para sanar que terá que facerse cargo da súa familia. Coñecerá a un cirurxán barbeiro que o introducirá no mundo da medicina co que comparte viaxes e oficio ata que trala morte do mestre coñece a un médico xudeu, Benjamin Merlin quen lle fala do gran Avicena. Levado pola súa paixón de sanar chegará a Oriente onde se fará pasar poño xudeu Jesse ben Benjamin, e poder estudar medicina en Ispahán.

Ás portas de Barbastro, sitiada por cruzados normandos e franceses, atópanse un poeta andaluz de orixe árabae, un escudeiro cristián e un médico xudeu. Trátase da visión da España do s XI, da España das 3 culturas.
Non podía faltar nesta escolma Ken Follet, do que vos falei en clase algunha vez, e a súa trioloxía sobre a Idade Media. Centrada en Kingsbridge e na construción da igrexa do priorato e posterior abadía, mostra a vida da Inglaterra medieval no s XII (Los pilares de la Tierra) e no s XIV (Un mundo sin fin) xunto cos distintos acontecementos europeos (paso da arte románica á gótica, Guerra dos Cen Anos, a Peste Negra...). O terceiro libro, Una columna de fuego, non é estrictamente medieval pois está ambientado no s XVI pero unha vez lidos os anteriores se quere saber que pasa no futuro inmediato de Kingsbridge. Do primeiro libro hai unha serie de TV.

Outra gran novela é La catedral del Mar, de Ildefonso Falcones. Ambientada na Barcelona do s XVI, a historia xira ao redor do barrio de pescadores da Ribera e da construción da igrexa de Santa María do Mar. Tamén hai unha serie de TV de Antena 3 pendente de estrenar.lunes, 9 de abril de 2018
MAPAS INTERACTIVOS ESPAÑA
Aquí tedes enlaces para repasar os mapas de España e Galicia
Mapas de España 1
Mapas de España 2
Relevo de Galicia
Ríos de Galicia
Ríos de España
Relevo de España
Mapas de España 1
Mapas de España 2
Relevo de Galicia
Ríos de Galicia
Ríos de España
Relevo de España
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


