Aquí vos deixo a entrevista a Al-Andalus e outra neste caso para un tema de lingua
Al-Andalus
La tilde
Recursos de Xeografía e Historia de 1º e 2º ESO do Colexio Padre Míguez, Calasancias de Vigo
jueves, 21 de enero de 2016
domingo, 10 de enero de 2016
REINOS CRISTIÁNS DA PENÍNSULA IBÉRICA NA IDADE MEDIA
Aquí vos deixo os apuntes para estudar os reinos cristiáns na Idade Media, son dous documentos:
A formación dos reinos cristiáns
A Península Ibérica nos ss XI-XV
A formación dos reinos cristiáns
A Península Ibérica nos ss XI-XV
martes, 15 de diciembre de 2015
jueves, 10 de diciembre de 2015
martes, 24 de noviembre de 2015
EXEMPLOS DE ARQUITECTURA GÓTICA
jueves, 19 de noviembre de 2015
VISITA A PONTEVEDRA
Na curta visita a Pontevedra puidemos ver algún exemplo da arte románica, que xa estudamos, e tamén da arte gótica, que imos a estudar
| Apoteose de San Martíño, tímpano procedente de San Martiño de Moaña (s XIII) Fondo da Sociedad Arqueológica de Pontevedra (Museo de Pontevedra, Sexto Edificio) |
Neste tímpano percíbese perfectamente a adaptación das figuras ao marco arquitectónico, a mandorla ou améndoa mística, o inicio da arquivolta, o lintel
| Convento de San Francisco |
Nesta fachada xa vemos as características do gótico: o arco apuntado e o rosetón.
| Arcos de San Barolomeu |
| Lateral da igrexa de San Bartolomeu |
Aprecianse os contrafortes no muro lateral e os arcos de medio punto que se se prolonganse farían unha bóveda de canón.
Pero tamén nos adiantamos no tempo e puidemos ver exemplos de arte barroca.
| Fachada de San Bartolomeu |
Trátase dunha igrexa barroca construída a imaxe das igrexas de Roma. Como elementos barrocos temos as columnas de orde salomónica, o frontón partido, os escudos decorando, a monumentalidade xeral da igrexa
Non podíamos deixar de ver o Santuario da Virxe Peregrina, onde acudían os peregrinos a Compostela que seguían a ruta portuguesa, coa súa planta en forma de vieira. O interior queda constituído por unha rotonda que se cubre cunha cúpula con lunetos. O clasicismo apréciase non só na cúpula tamén nas pilastras planas, nas metopas
| Cúpula do Santuario da Peregrina |
E tamén recordamos cousas que estudamos o ano pasado, como os restos da época castrexa e inicios da romanización
| Lacus de sacrificio do s III d C atopada en Mougás (Oia) |
| Ánforas |
| Estelas funerarias |
| Triscele |
| Petróglifo |
| Ídolos |
lunes, 9 de noviembre de 2015
martes, 20 de octubre de 2015
MAPAS CONCEPTUAIS A EUROPA FEUDAL
Aquí tedes os mapas conceptuais do Tema 2. Están feitos en www.examtime.com/es-ES/, se os rexistrades podedes descargalos do meu perfil (celia.ameneiro).
viernes, 9 de octubre de 2015
CRONOLOXÍA PROXECTO PEREGRINOS A COMPOSTELA
ELABORACIÓN DAS ACTIVIDADES
VENRES 9 OUTUBRO 2015: ACTIVIDADES 3 E 4
VENRES 16 OUTUBRO 2015: ACTIVIDADES 5 E 6
VENRES 23 OUTUBRO 2015: ACTIVIDADES 7, 8 E 9
ELABORACIÓN DO PÓSTER
VENRES 6 DE NOVEMBRO E 13 DE NOVEMBRO
EXPOSICIÓN DO TRABALLO
VENRES 20 E 27 DE NOVEMBRO
AULA DE INFORMÁTICA: para buscar fotografías ou información que quedou pendente
2ºA : XOVES 29 OUTUBRO 10.35
2º B: MARTES 27 OUTUBRO 9.40
martes, 6 de octubre de 2015
lunes, 21 de septiembre de 2015
lunes, 14 de septiembre de 2015
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















