martes, 24 de noviembre de 2015

jueves, 19 de noviembre de 2015

VISITA A PONTEVEDRA

Na curta visita a Pontevedra puidemos ver algún exemplo da arte románica, que xa estudamos, e tamén da arte gótica, que imos a estudar


Apoteose de San Martíño, tímpano procedente de San Martiño de Moaña (s XIII)
Fondo da Sociedad Arqueológica de Pontevedra (Museo de Pontevedra, Sexto Edificio)


Neste tímpano percíbese perfectamente a adaptación das figuras ao marco arquitectónico, a mandorla ou améndoa mística, o inicio da arquivolta, o lintel


Convento de San Francisco

Nesta fachada xa vemos as características do gótico: o arco apuntado e o rosetón.


Arcos de San Barolomeu

Lateral da igrexa de San Bartolomeu


  
Aprecianse os contrafortes no muro lateral e os arcos de medio punto que se se prolonganse farían unha bóveda de canón.

















Pero tamén nos adiantamos no tempo e puidemos ver exemplos de arte  barroca. 

Fachada de San Bartolomeu
Trátase dunha igrexa barroca construída a imaxe das igrexas de Roma. Como elementos barrocos temos as columnas de orde salomónica, o frontón partido, os escudos decorando, a monumentalidade xeral da igrexa

Non podíamos deixar de ver o Santuario da Virxe Peregrina, onde acudían os peregrinos a Compostela que seguían a ruta portuguesa, coa súa planta en forma de vieira. O interior queda constituído por unha rotonda que se cubre cunha cúpula  con lunetos. O clasicismo apréciase non só na cúpula tamén nas pilastras planas, nas metopas




Cúpula do Santuario da Peregrina

E tamén recordamos cousas que estudamos o ano pasado, como os restos da época castrexa e inicios da romanización


Lacus de sacrificio do s III d C atopada en Mougás (Oia)



Ánforas




Estelas funerarias

Triscele



Petróglifo

Ídolos





martes, 20 de octubre de 2015

MAPAS CONCEPTUAIS A EUROPA FEUDAL

Aquí tedes os mapas conceptuais do Tema 2. Están feitos en www.examtime.com/es-ES/, se os rexistrades podedes descargalos do meu perfil (celia.ameneiro).



viernes, 9 de octubre de 2015

CRONOLOXÍA PROXECTO PEREGRINOS A COMPOSTELA

ELABORACIÓN DAS ACTIVIDADES

VENRES 9 OUTUBRO 2015: ACTIVIDADES 3 E 4

VENRES 16 OUTUBRO 2015: ACTIVIDADES 5 E 6

VENRES 23 OUTUBRO 2015: ACTIVIDADES 7, 8 E 9



ELABORACIÓN DO PÓSTER

VENRES 6 DE NOVEMBRO E 13 DE NOVEMBRO


EXPOSICIÓN DO TRABALLO

VENRES 20 E 27 DE NOVEMBRO


AULA DE INFORMÁTICA: para buscar fotografías ou información que quedou pendente

2ºA : XOVES 29 OUTUBRO 10.35

2º B: MARTES 27 OUTUBRO 9.40

martes, 30 de junio de 2015

miércoles, 3 de junio de 2015

RECTA FINAL

Veña chic@s que estamos na recta final, un pouquiño de esforzo para acabar ben o curso.



viernes, 15 de mayo de 2015

MAPA POLÍTICO DE ESPAÑA

Lembrade repasar as provincias e as comunidades autónomas que en calquera momento....Aquí vs deixo un mapa mudo para practicar

España

Morfoloxía urbana

Aquí tedes distintos planos urbanos

Manhattan, plano en cuadrícula

Nordlingen, plano radiocéntrico

Barcelona, centro histórico e ensanche

Vigo, plano complexo