O 23 de abril é o Día do Libro. Un dos xéneros que máis lectores ten é o da novela histórica, na que se recrean acontecementos históricos mesturados coa ficción. Da idade media, a que estudamos este ano, hai moitas novelas, unhas máis fieis á historia que outras. Entre os temas máis recurrentes atópanse a España das tres culturas (cristiá, musulmá e xudía) e o Camiño de Santiago. Hai moitas novelas sobre os templarios pero, ao meu entender, moitas delas son iso novelas máis que basearse en feitos históricos documentados. Algunha destas novelas foron levadas ao cine ou á televisión. Non deixo os libros aquí para que os leades agora, senón para que aqueles que vos gusta o xénero os podades ler nun futuro. No blog de 1º da ESO tedes novelas centradas na Idade Antiga.
Galcerán de Born é un cabaleiro hsopitalario a quen o mapa lle encarga a misión de descubrir os asasinos do papa Clemente, o rei Felipee de Guillermo de Nogaret. Coa axuda de Jonás e dunha feiticeira xudía, ademais de descubrir os asasinos atopará un pergamiño no que se afirma que o ouro dos templarios está escondido nun lugar do Camiño de Santiago polo que terán que convertirse en peregrinos e buscar o tesouro templario.
Nesta ocasión, Galcerán de Born preocupado polas noticias que recibe sobr e os seu fillo Jonás decide enviarlle unha carta na que contén ordes moi precisas para o mozo. Jonás percorreráo Camiño de Santiago ou da Gran Perdoanza convertido nun peregrino máis e descubrirá a maxia e o simbolismo do camiño ademais de ir cumprindo cos tituais que o convertirán nun cabaleiro adalid da antiga sabiduría e do coñecemento.
Este libro inicia unha triloxía sobre unha familia de médicos ás que pertencen Chamán e Doctora Cole, ambientadas en época posterior . En El médico, Rob J. Cole, un xoven londinense cun don para sanar que terá que facerse cargo da súa familia. Coñecerá a un cirurxán barbeiro que o introducirá no mundo da medicina co que comparte viaxes e oficio ata que trala morte do mestre coñece a un médico xudeu, Benjamin Merlin quen lle fala do gran Avicena. Levado pola súa paixón de sanar chegará a Oriente onde se fará pasar poño xudeu Jesse ben Benjamin, e poder estudar medicina en Ispahán.
Ás portas de Barbastro, sitiada por cruzados normandos e franceses, atópanse un poeta andaluz de orixe árabae, un escudeiro cristián e un médico xudeu. Trátase da visión da España do s XI, da España das 3 culturas.
Non podía faltar nesta escolma Ken Follet, do que vos falei en clase algunha vez, e a súa trioloxía sobre a Idade Media. Centrada en Kingsbridge e na construción da igrexa do priorato e posterior abadía, mostra a vida da Inglaterra medieval no s XII (Los pilares de la Tierra) e no s XIV (Un mundo sin fin) xunto cos distintos acontecementos europeos (paso da arte románica á gótica, Guerra dos Cen Anos, a Peste Negra...). O terceiro libro, Una columna de fuego, non é estrictamente medieval pois está ambientado no s XVI pero unha vez lidos os anteriores se quere saber que pasa no futuro inmediato de Kingsbridge. Do primeiro libro hai unha serie de TV.
Outra gran novela é La catedral del Mar, de Ildefonso Falcones. Ambientada na Barcelona do s XVI, a historia xira ao redor do barrio de pescadores da Ribera e da construción da igrexa de Santa María do Mar. Tamén hai unha serie de TV de Antena 3 pendente de estrenar.