viernes, 2 de febrero de 2018

RODRIGO DÍAZ DE VIVAR: O CID CAMPEADOR

Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, está a medio camiño entre a figura histórica e a lenda. Foi un cabaleiro medieval  unhas veces ao servizo dos reis de Castela e outras aos dos musulmáns, que caeu en desgraza en varias ocasións pero que incluso venceu nunha batalla despois de morto 😱

Os últimos anos da súa vida foron recollidos no Cantar do Mío Cid, un cantar de xesta escrito probablemente ao redor do 1200, considerado a primeira gran obra da literatura escrita en lingua romance.








Os cinéfilos podedes ver El Cid (1961), película protagonizada por Charlon Heston e Sofía Loren e gravada en España. E aqueles aos que os gusten máis os debuxos animados, en 1980 fíxose a serie Ruy, el pequeño Cid, que recreaba a infancia do personaxe.


Recentemente a gran serie El ministerio del tiempo dedicou un capítulo a esta figura histórica, Tiempo de leyenda, onde os membros da patrulla teñen que verificar a existencia deste personaxe a partir da suposta existencia de dous lugares onde din reposar os restos do Cid.