jueves, 11 de diciembre de 2014

7ª ETAPA: SARRIA - SANTIAGO DE COMPOSTELA

E chegamos ata a derradeira etapa, en pouco máis de 100 km estamos ante a tumba do apóstolo. Soprendedeos co que nos deixa o camiño. Como xa dixemos Santiago terá unha entrada propia. Espero as vosas repostas ata o venres día 18 xoves ( 2ºA en titoría e 2º B en Citizenship) pois o venres creo que que andaremos máis coa cabeza nas vacacións e coas notas a puntito de chegar.

SOLUCIÓN5ª E 6ª ETAPA BERCIANOS DEL REAL CAMINO- MOLINASECA - SARRIA

Interior de San Isidoro, pinturas do s XII
Ao salir de Bercianos del Real Camino comezamos unha etapa que transcorre de xeito monótono polo que, moita xente di, que é a típica etapa na que a reflexión persoal fai acto de presencia. O camiño trascorre placidamente ata chegar a Mansilla de las Mulas, bonito pobo amurallado. Continuamos camiño e atravesamos de novo o río Elsa. É un tramo que trascorre por estradas e autovías ata chegar a León, capital do antigo reino medieval e cun rico patrimonio histórico.



Catedral de León, estilo gótico












San Marcos, á beira dun antigo hospital de pregrinos  



Poco despueés de salir de León nos encontramos co Santuario da Virgen del Camino, edificado no  lugar onde houbo un santuario no s XVI. Dedicado á patroa de León.

Santuario Virgen del Camino
Continuamos camiño ata San Martín del Camino, advocación outra vez relacionada coa peregrinación pois está adicado ao santo patrón dos peregrinos. A seguinte poboación destacable é Hospital de Órbigo onde se atopa a Ponte do Paso Honroso cunha fermosa lenda ao seu redor: en 1434 o cabaleiro don Suero de Quiñones para demostrar que o amor a súa amada era sinceiro, desafiaba en loita a todos os que se atrevesen a cruzalo.

Hospital de Órbigo
O camiño é sinxelo, algunha recta, algunha subida, algunha baixada, ata chegar ata Astorga, vila de orixe romana e cruce de camiños entre a Via Traxana e a Via da Prata. Capital da Maragatería, chegou a ter 20 hospitais para peregrinos. Destaca a catedral de Santa María, gótica, e o Palacio Episcopal, obra modernista de Gaudí que acolle o Museo de los Caminos.
Palacio episcopal
Catedral de Astorga
Abandoamos Astorga, despois de ter degustado uns bos mantecados tradicionais, e continuamos ata Rabanal del Camino onde os peregrinos se xuntaban para cruzar xuntos as montañas. Nesta vila atopamos outra vez a pegada dos templarios que construíron igrexas e hospitais. Chegamos a Foncebadón, pobo xurdido á carón do camiño. Tras unha pequena subida chegamos á Cruz de Ferro, lugar emblemático da ruta xacobea: trátase dunha cruz de ferro cravada nun montón de pedras que os peregrinos van deixando para recibir a protección no camiño ata Compostela. Cóntase cun ermitaño colocou unha primeira cruz sobre un monumento romano dedicado a Mercurio.

Cruz de Ferro, Foncebadón

Atravesamos Manjarín, El Acebo, Riego de Ambrós e chegamos ata Molinaseca, onde destaca a Ponte dos Peregrinos, vila que abandonamos para chegar a Ponferrada, a capital do Bierzo. O nome de Ponferrada deriva do nome Pons Ferrata de cando se construíu unha ponte de ferro que substituíu a unha de madeira. Nela destacan o Castelo dos Templarios, os templarios outra vez, e a ermida de Nuestra Señora de la Encina, patroa do Bierzo.
Castelo dos Templarios, Ponferrada
Virgen de la Encina, Ponferrada


Continuamos camiño rumbo a Cacabelos, cunha trama urbana que xira ó redor da vía pola que circulaban os peregrinos. Cerca de Cacabelos atopáronse os restos do Castrum Bergidum, asentamento ástur da época prerromana. Chegamos ata a capital cultural del Bierzo, Villafranca del Bierzo. De orixe franca, foi sede da orde de Cluny (outra vez relacionada co Camiño) e conta cun gran número de monumentos como a igrexa de Santiago onde na Porta do Perdón os pegreninos que non podían continuar coa peregrinación (obviamente por estar enfermos ou impedidos) recibían o xubileo.
Porta do Perdón, igrexa de Santiago, Villafranca del Bierzo

Chegamos á comarca da Vega de Valcárcel, onde se atopan as ruínas do castelo de Sarraín e onde xa cheiramos a presenza galega. Comezamos a ascender ata chegar a La Faba y a Laguna de Castilla para, por fin, chegar a Galicia despois dunha dura ascensión (sobre todo se hai néboa e chove, volo digo por experiencia) e culminar o Cebreiro. E chic@s, para que negalo, comeza a parte máis fermosa do Camiño.

Mojón no Cebreiro que indica a entrada de Galicia

O pobo do Cebreiro está moi ligado ao Camiño. Destaca a igrexa de Santa María a Real, prerrománica do s IX, que acolle no seu interior un caliz que se coñece como o Grial galego e na que tivo lugar o coñecido como Milagre Eucarístico do Cebreiro, se pinchades na foto da igrexa tedes máis información
Santa María a Real, O Cebreiro
O Grial Galego

Pero o Cebreiro destaca tamén por conservar as vivendas tradicionais da montaña lucense, as pallozas, unha delas convertida en Museo Etnográfico.

Palloza

Comezamos o descenso e chegamos ata Triacastela que, quizáis reciba o nome pola hipotética existencia de tres castelos.

Triacastela

Dende Triacastela temos dúas opcións: seguir por San Xil, Furela, Pintín e Calvor ou desviarnos ata Samos,segunda opción que seguen moitos peregrinos para disfrutar do mosteiro de San Xián de Samos, onde a vida monástica se mantén dende hai 15 siglos de xeito ininterrumpido. É un mosteiro da orde beneditina. Á beira do mosteiro atópase capela mozárabe do Ciprés ou do Salvador.

San Xián de Samos

Capela do Ciprés

As dúas váis xúntanse pouco despois de Calvor e continuase nun só camiño ata Sarria, localidade dende a que moitos peregrinos fan o camiño pois se atopa a 111 km de Santiago polo que supera os 100 km necesarios para obter a Compostela


Xa queda menos!!



jueves, 4 de diciembre de 2014

6ª ETAPA: MOLINASECA -- SARRIA

Entramos nunha das etapas máis fermosas do Camiño, percorremos o Bierzo para adentrarnos en terras galaicas. Deixemos a vosa elección os monumentos, artísticos e naturais, que imos visitar.  Xa queda menos!!
Ben, unhas pequenas pistas fotográficas